Inicio » Servizos » ATIC» Servizo de listas de distribución» Preguntas frecuentes
 

Servizo de listas de distribución

Preguntas máis frecuentes

 
  1. ¿Que é un servizo de listas de distribución?
  2. ¿Cómo funcionan as listas de distribución?
  3. ¿Necesito instalar algún software?
  4. ¿Cómo funcionan as listas na Universidade?
  5. ¿Qué tipos de listas existen?
  6. ¿Cómo enviar unha instrucción?
  7. ¿Cómo enviar unha mensaxe?
  8. ¿Cómo podo saber a que listas estou suscrito?
  9. ¿Qué listas existen na universidade de Santiago?
  10. ¿Cómo podo solicitar a creación dunha lista?
  11. Son administrador dunha lista ¿Cómo a xestiono?
  12. ¿Cómo podo darme de baixa dunha lista?
  13. ¿Cómo saber máis?
  14. ¿E si teño unha dúbida?

1. ¿Qué é un servizo de listas de distribución?

Básicamente consiste nun servicio de reenvío de correos electrónicos ás persoas subscritas a dita lista de distribución.

De forma xeral teñen dous usos típicos:

  • A difusión dunha información dun a moitos
  • A creación de foros de discusión de todos con todos.

Non obstante calquera outra utilidade é posible.

Arriba

2. ¿Cómo funcionan as listas de distribución?

Unha vez que a lista estea creada, pode ser controlada completamente vía correo electrónico, de forma que o dono da lista non necesita acceso ó ordenador onde se executa o servidor de listas. A administración da lista é responsabilidade do solicitante da mesma.

Por unha parte temos o enderezo do servidor de listas, ó que deberemos enviar as mensaxes para subscribirnos a unha lista concreta, solicitar axuda, ou obter a lista de subcriptores, por exemplo.

Por outra parte teremos os enderezos das diferentes listas. Estos enderezos son os que deberemos empregar para publicar as nosas mensaxes, no caso de estar autorizado.

En calquera caso sempre será suficiente con ter unha dirección de correo electrónico, dado que calquera comunicación co servidor de listas de distribución realízase mediante o correo electrónico.

Arriba

3. ¿Necesito instalar algún software?

NON, sempre será suficiente con ter un programa de correo electrónico e un enderezo de correo, dado que calquera comunicación co servidor de listas de distribución realízase mediante o correo electrónico. Incluso as funcións de administrador de listas.

Arriba

4. ¿Cómo funcionan as listas na Universidade?

A USC dispón dun servidor de listas de distribución chamado "ListServ".

O enderezo do servidor é: listserv@listas.usc.es. A este enderezo se poden enviar comandos que permiten dar de alta ou baixa subscriptores, cambiar opcións das listas, etc.

Para distribuir mensaxes nass diferentes listas tempos que empregar enderezos que se corresponden ao formato: nome_da_lista@listas.usc.es, por exemplo atic-probas@listas.usc.es, ou usc-difusion@listas.usc.es.

Arriba

5. ¿Qué tipos de listas existen?

Según o mecanismo de publicación:

LISTAS PECHADAS. Ninguén, salvo os administradores da lista, pode enviar mensaxe..

LISTAS PRIVADAS. Soamente poden enviar mensaxes as persoas subscritas á lista.. 

LISTAS MODERADAS. Reenvían tódolas mensaxes a un moderador para a súa aprobación antes de que sexan publicados na lista, unha variante desta opción son as listas dun a moitos no que só o moderador está autorizado a divulgar información mediante a lista.

Según o tipo de subscripción:

SUSBCRIPCIÓN ABERTA. Calquera pode subscribirse. Esta subscripción pode ser supervisada polo propietario da lista ou non.

SUSBCRIPCIÓN PECHADA. Ninguén pode subscribirse, o propietario da lista da de alta ós subscriptores.

Arriba

6. ¿Cómo enviar unha instrucción?

Para solicitar calquera operación ó servidor de listas da USC debemos enviar un correo á dirección: listserv@listas.usc.es na primeira liña do corpo da mensaxe indicaremos o comando, por exemplo: subscribe atic-probas , a liña de Subject ou materia debera quedar en branco, e non deberemos engadir sinatura ou comezar esta por dous guións ( -- ) que lle indica o servidor que desprecie o que vai continuación. Descripción dos comandos.

Arriba

7. ¿Cómo enviar unha mensaxe?

En primeiro lugar, debes consultar a política da lista. Pode ser que teñas que estar subscrito ou que as normas da lista non permitan o envío de mensaxes a calquera persoa.

Debes enviar unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo da lista (por exemplo, atic-probas@listas.usc.es), tal e como desexes que o reciban os destinatarios. É moi importante adaptarse ás normas e á temática da lista, o coordenador ou dono da lista poderá en calquera momento desubscribir a calquera persoa.

Arriba


8. ¿Cómo podo saber a que listas estou suscrito?

Debes enviar unha mensaxe de correo electrónico a listserv@listas.usc.es e, na primeira liña do corpo da mensaxe, indicar o comando QUERY * .O texto do asunto é indiferente.

O servidor contestará indicando as listas ás que está suscrito o enderezo que figuraba no remite da túa mensaxe. Se os datos obtidos non son os esperados, envía de novo o comando empregando un remitente diferente.

Arriba


9. ¿Qué listas existen na universidade de Santiago?

Podes atopar información sobre as listas disponibles en http://www.listas.usc.es/listas.

Arriba

10. ¿Cómo podo solicitar a creación dunha lista?

En principio non existe unha normativa específica para a autorización de listas; os criterios estarán baseados na posible demanda, o sentido común e, sobre todo, a sua utilidade en calquera das áreas da Universidade.

Como primeiro paso deberás enviar un correo a postmaster@listas.usc.es, indicando estes datos:

  • Proposta de nome para a lista
  • Uso que vai ter
  • Departamento ou servicio ó que está asociada
  • Caracteristicas da lista ¿quen pode subscribirse?¿quen pode escribir? (ver punto 5 da FAQ)
  • ¿Alguén vai autorizar as solicitudes de subscripción ou de difusión de mensaxes? Neste caso haberá que indicar o nome e enderezo de correo do administrador da lista.

Arriba

11. Son administrador dunha lista ¿Cómo a xestiono?

Dependerá moito do tipo de lista, pero en calquera dos casos os comandos que tes que utilizar son poucos e simples. Podes consultalos aquí.

Arriba

12. ¿Cómo podo darme de baixa dunha lista?

Envíe unha mensaxe ao enderezo nome_da_lista-unsubscribe-request@listas.usc.es. Non é preciso que inclúa nada no asunto ou no corpo da mensaxe.

Exemplo para a lista ATIC-PROBAS:

atic-probas-unsubscribe-request@listas.usc.es

Arriba

13. ¿Cómo saber máis?

Para saber máis sobre as listas de distribucción e o programa LISTSERV, podes visitar a sección "Ligazóns de interese".

Arriba

14. ¿E si teño unha dúbida?

Se queres contactar cos administradores do Servicio de listas de correo, envia unha mensaxe a postmaster@listas.usc.es ou chama ou contacta co Centro de Atención a Usuarios da USC.

Arriba


Comentarios ou suxestións a postmaster@listas.usc.es
© ATIC-USC.