Unha vez máis, o ministro Wert volve enganarnos, cando en teoría os Reitores e os Sindicatos todavía están negociando co Ministerio sobre os tres RD, o Goberno xa comezou os cambios.

 

Esta actitude do Ministro Wert demostra, unha vez máis, que as súas propostas de negociación e consenso son un simple acto de propaganda. As súas intencións non cambiaron e, simplemente, limitouse a mentir novamente para evitar o rexeitamento frontal e gañar tempo de cara a tramitar os cambios normativos e legais que permiten pór en marcha o "seu" modelo de universidade.

En xullo, ante o rexeite inicial de Reitores e Sindicatos, comprometeuse a iniciar un proceso de negociación para incorporar e/ou modificar diversos aspectos negativos dos tres Reais Decretos. Proceso de negociación que se veu desenvolvendo con certa normalidade, ata este momento.

Sen embargo, a publicación no BOE dos cambios normativos sobre a ANECA e o inicio do trámite lexislativo dos tres Reais Decretos, implica que o ministro Wert non ten ningunha vontade de chegar a acordos ou de modificar as súas intencións.

As modificacións da ANECA  realizáronse, ademais, por medio da Ley 15/2014, de 16 de septiembre, de racionalización del Sector Público y otras medidas de reforma administrativa publicada en no BOE o pasado 17 de setembro,  mentres que o inicio do proceso de Información Pública dos Reales Decreto publicitouse na propia web do Ministerio.

Esta transformación da ANECA  supón que a "súa independencia" do Ministerio vai  coincidir coa eliminación das autoavaliacións, coa substitución de baremos numéricos por valoracións subxetivas sen explicar nin motivar e polo inicio dunha época de falta de transparencia nas acreditacións cuxo único obxectivo é reducir o número de universidades públicas, reducir o seu tamaño eliminando titulacións e alumnos, así como reducir tamén o número de profesores acreditados para que os cadros de persoal  de PDI  sexan máis pequenos. 

Proceso cuxa finalidade é a reducción de custes nas universidades públicas para cumplir co previsto no compromiso do Goberno ante a Unión Europea co Plan Nacional de Reformas (PNR), presentado cando se acordou o rescate da banca e que compromete ao noso país ata o ano 2020. 


 

Un cordial saúdo
--
Sección Sindical CC.OO da USC
Locais Sindicais.
Campus Sur
Extensión: 14343
mailto:ccoo_usc@usc.es
http://www.usc.es/sindicatos/ccoo