Mobilizacións pola sanidade pública o 26 de marzo

CCOO e outras organizacións sindicais con representación na sanidade pública convocan mobilizacións en toda Galicia o vindeiro 26 de marzo. Denuncian que a cidadanía é a que está a pagar as consecuencias dos recortes: longas listas de espera, falta de camas hospitalarias, quirófanos pechados e cada vez máis copagamentos.
Os sindicatos sinalan que a Xunta recorta ano tras ano o investimento en sanidade. Para o 2014 mingua de novo o orzamento e haberá case 400 millóns menos que no 2010. Denuncian que a metade do orzado o «devoran» as privatizacións —concertos con centros privados, servizos privatizados e outros gastos.

Haberá menos recursos económicos e, polo tanto, humanos: o persoal da sanidade pública reduciuse o 14 % en só catro anos, polo que «a deterioración do servizo é evidente» e as consecuencias, como se indicou, «págaas a cidadanía»

Para reverter esta situación, os convocadores chaman a cidadanía a participar de xeito «masivo» nas accións de protesta convocadas.

Santiago (20 h)
Saída: Praza Roxa
Percorrido: República do Salvador, Rúa do Hórreo, Orfas, Toural, Rúa do Vilar
Chegada: Praterías

Lugo (20 h)
Saída: Edificio Multiusos Xunta de Galiza
Percorrido: Praza de Ferrol, Rúa San Marcos, Santo Domingo, Quiroga Ballesteros, Rúa Montevideo
Chegada: Dirección Provincial SERGAS

Un saúdo

--
Sección Sindical CC.OO da USC
Locais Sindicais.
Campus Sur
Extensión: 14343
mailto:ccoo_usc@usc.es
http://www.usc.es/sindicatos/ccoo