VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN
E INNOVACIÓN

Edificio CACTUS
Campus universitario sur
15782 Santiago de Compostela
Tfno. 981 547 040 · Fax. 981 547 077
E-mail:cittinfo@usc.es
Web:http://imaisd.usc.es

Datos de Actividades de I+D+i+e 2007
Prezado investigador:

A Vicerreitoría de Investigación e Innovación presenta á comunidade universitaria a memoria pormenorizada da actividade de I+D da USC correspondente ao ano 2007, que recolle os datos de (i) o nivel de actividade de cada área/departamento e o do conxunto de áreas e departamentos da Universidade, (ii) a evolución de dita actividade ao longo do tempo, (iii) o nivel de actividade do conxunto da Universidade en comparación co contorno autonómico e nacional, (iv) o nivel de actividade e a evolución da mesma por campus e con perspectiva de xénero.

Pode consultar a mencionada memoria aquí:
http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/restringido/Memoria2007.pdf

Con este documento se pretende proporcionar os datos para que a comunidade universitaria leve a cabo o necesario debate e interpretación sobre o papel, os actores e a repercusión da I+D na nosa universidade, así como transmitir á sociedade unha imaxen nítida e actualizada do potencial científico-tecnolóxico da USC.

Confiando na túa colaboración e axuda para mellorar este documento, prégoche que nos fagas chegar as túas suxestións, comentarios e mesmo os erros que detectes á seguinte direccion: cittinfo@usc.es

A Vicerreitora de Investigación e Innovación



Se vostede non está interesado en seguir recibindo as mensaxes desta lista de distribución bastará con que envíe un correo a listserv@listas.usc.es, e será dado de baixa automaticamente. Para máis información sobre a lista pode dirixirse á sección de listas de distribución da nosa web.