A Facultade de Dereito organiza o vindeiro luns día 28 ás 17 horas na Igrexa de S. Francisco, un funeral na memoria do Prof. Dr. D. José Manuel Lete del Río, Catedrático de Dereito Civil, falecido en accidente de automóbil o 16 de abril de 2007, o que se comunica para coñecemento da comunidade universitaria.

O Prof. Lete del Río desenvolveu a maior parte da súa vida universitaria na Facultade de Dereito compostelana desde a qué realizou un intenso labor docente e investigador cun amplo recoñecemento científico e prestixio social.

 

 

 

A Secretaría do Decanato da Facultade de Dereito da USC