Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2018)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 21 Feb 2018 13:53:01 +0000
Reply-To:     Secretaría Xeral <sec.xeral@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Secretaría Xeral <sec.xeral@USC.ES>
Subject:       información e documentación da sesión ordinaria do 
              Consello de Goberno de 22 de febreiro de 2018
Content-Type: multipart/alternative;

Bo día,

Prácenos informarlle que mañá, 22 de febreiro, celebrarase unha sesión ordinaria do Consello de Goberno, ás 11:00 horas en primeira convocatoria.

A orde do día da sesión é a seguinte:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior 2. Informe do sr. reitor 3. Informes das Vicerreitorías, Xerencia e Secretaría Xeral 4. Aprobación, se procede, da modificación de títulos oficiais (mestrado) para o curso 2018/2019 5. Aprobación, se procede, da viabilidade das novas propostas de títulos oficiais de grao e máster e das declaracións de intencións das propostas de modificacións de títulos oficiais de grao e máster para o curso 2019/2020 6. Aprobación, se procede, das declaracións de intencións das novas propostas de programas de doutoramento e modificacións de programas de doutoramento para o curso 2019/2020 7. Aprobación, se procede, dun Programa de Doutoramento Europeo Conxunto Marie Sklodowska-Curie 8. Aprobación, se procede, do límite de prazas de títulos de grao para o curso 2018/2019 9. Aprobación, se procede, do límite de prazas de títulos de mestrado para o curso 2018/2019 e modificación dos sistemas de admisión 10. Aprobación, se procede, do límite de prazas de programas de doutoramento para o curso 2018/2019 11. Aprobación, se procede, da modificación do "Acordo de modificación da estrutura de goberno e de xestión dos estudos de doutoramento e do Centro de Estudos avanzados, e creación do Centro de Estudos Propios na Universidade de Santiago de Compostela (USC)" 12. Aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime Interno das Escolas de Doutoramento: Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra da USC, Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias e Tecnoloxía da USC, Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias da Saúde da USC, Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas da USC 13. Aprobación, se procede, do acordo de esixencia de nivel de coñecemento de idioma para matrícula en estudos de grao e máster oficiais para o alumnado estranxeiro 14. Aprobación, se procede, da táboa de ponderacións para o acceso ás Universidades do SUG 15. Aprobación, se procede, da proposta de creación do Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA) e do seu regulamento de réxime interno 16. Aprobación, se procede, da modificación do acordo do Consello de Goberno do 27 de abril de 2012, sobre o procedemento de concesión do premio extraordinario de grao e máster 17. Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR da USC para o curso 2018-2019 18. Convocatoria de prazas de aloxamento do SUR da USC para estudantes internacionais curso 2018-2019 19. Convocatoria de prazas de aloxamento do SUR da USC para membros da comunidade universitaria ou alumnado da universidade de verán 2018 20. Transferencia de resultados 21. Regulamentos 22. Convenios 23. Recursos 24. Asuntos económicos 25. Asuntos de trámite 26. Rogos e preguntas

En canto á documentación da sesión, lamentamos non poder poñela no día de hoxe a disposición da comunidade universitaria porque temos un problema técnico que estamos tentando solucionar. En canto estea solucionado, informaremos á comunidade universitaria.

Reciba un cordial saúdo.

Consuelo Ferreiro Secretaria xeral da USC


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION