Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2018)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 21 Feb 2018 12:48:13 +0000
Reply-To:     Secretaría Xeral <sec.xeral@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Secretaría Xeral <sec.xeral@USC.ES>
Subject:      información  folga do  día 8 de marzo de 2018
Content-Type: multipart/alternative;

Con relación á convocatoria de folga do 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller, recordámoslles que o estudantado ten recoñecido no art. 33.1.q) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o dereito específico ao "paro académico e a manifestación", e o exercicio dese dereito non pode redundar nun prexuízo na avaliación académica. Así mesmo, o punto terceiro da Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (acordo do Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010), considera unha falta de asistencia ás aulas xustificada "a folga ou o paro académico colectivo". Pregámoslle que no pleno respecto ao dereito subliñado actúen en consecuencia. Atentamente, Consuelo Ferreiro Secretaria Xeral da USC


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION