Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2017)Voltar á páxina principal de PAS-CIGSubscribirse ou  abandoar  PAS-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 26 Oct 2017 12:56:32 +0000
Reply-To:     =?Windows-1252?Q?Secci=F3n_Sindical_CIG?= <cig_usc@USC.ES>
From:         =?Windows-1252?Q?Secci=F3n_Sindical_CIG?= <cig_usc@USC.ES>
Subject:      =?Windows-1252?Q?Valoraci=F3n_da_CIG_sobre_o_resultado_do_referendo_de_fu?=
              =?Windows-1252?Q?ncionarizaci=F3n?=
Content-Type: multipart/alternative;

O pasado día 19 someteuse á aprobación do cadro de persoal da USC en referendo o Preacordo de funcionarización validado na Mesa Xeral de negociación do PAS o pasado 21 de xullo cos votos favorables de CCOO, UGT e TGU e coa abstención de CSI-F.

A CIG non apoiou este acordo nas dúas votacións que se produciron na mesa, porque entendimos que na súa xeneralidade era desigual e discrecional no reparto dos fondos comprometidos entre colectivos e dentro de cada colectivo, non garantía adecuadamente o mantemento das condicións máis beneficiosas recollidas no Convenio Colectivo, afondaba e aumentaba os problemas xa existentes na RPT, e xa no ámbito do persoal laboral era pouco concreto na asunción de compromisos, non introducía incentivos suficientes que garantisen unha funcionarización masiva, e non achegaba solucións ou vías de saída a algunha das consecuencias que implicaba o propio proceso.

A CIG defendeu nos dous órganos de representación a vinculación do apoio ao preacordo á decisión do persoal en cada ámbito, celebrándose dous referendos simultáneamente que deixaron, como sabedes dous resultados ben diferentes: a aceptación do acordo por parte do persoal funcionario, e o rexeitamente moi maioritario por parte do persoal que tería que cambiar de réxime xurídico, o persoal laboral. No ámbito funcionarial está claro o resultado, vinculado moi claramente ás subas salariais propostas, que pese a ser desiguais, incluían o compromiso de iniciar por fin o proceso de homologación da antiguidade. No ámbito laboral, hai moitas máis valoracións que facer:

Así, a CIG non entendeu que o Comité Intercentros se mantivese á marxe da negociación e non estivese disposto a acordar unhas liñas xerais ou franxas vermellas que guiasen e marcasen os mínimos que debía recoller o acordo, nin que esta estivese presidida pola arrogancia da “maioría necesaria para acordar”, desbotando o resto das achegas e acusándonos de ir á mesa de negociación a “enredar” e non a negociar, sobre todo cando advertiramos hai moito tempo que detectabamos unha falta de sintonía moi grande entre o apoio que se lle estaba dando na mesa á proposta de Xerencia e a adhesión do persoal á mesma, é dicir, entre os apoios dos representantes do persoal e os apoios dos seus representados.

Consideramos tamén un erro moi importante que o Comité Intercentros, ao contrario do sucedido na Xunta de Persoal, lle negase o dereito ao persoal a oír e seren oídos nunha asemblea xeral, en igualdade de condicións. Un erro máis grande se cabe, foi que o Comité Intercentros se negase a asistir a unha asamblea convocada por máis do 33% do persoal chamado a votar neste referendo. No canto de preguntarse porque unha boa parte do persoal laboral se organizou á marxe dos sindicatos, adicouse a faltarlle ao respecto aos traballadores insinuando que estaban sendo manipulados por intereses escuros.

Os resultados do referendum cunha altísima porcentaxe de participación non deixa marxe á interpretación, con só 94 votos favorables ao preacordo nos laborais, que evidencian aínda con máis dureza da esperada a discrepancia dunha abrumadora maioría do persoal de todas as cores e afiliacións co mesmo.

Condenamos tamén as desafortunadas inxerencias externas (si, Sr Reitor, estamos falando de vostede) e agardamos que non se volvan producir.

Xa mirando cara ao futuro, un resultado tan amplo polo NON desautoriza por completo á Mesa Xeral de PAS como ámbito de negociación para unha funcionarización, xa que en realidade esta mesa de negociación fixo oídos xordos do patente malestar que ía medrando entre o persoal laboral a medida que as negociacións avanzaban. Nós cremos que para que sexa posible unha (re)negociación da funcionarización o primeiro paso é mudar o ámbito de negociación para tentar recuperar a confianza do persoal laboral no proceso de negociación. O seguinte paso é retomar o consenso entre a representación sindical do persoal laboral. A pesar de que durante dous anos todas as iniciativas da CIG neste sentido foron desbotadas no Comité Intercentros, entendemos polas reflexións escoitadas na última reunión do Comité, que se abre unha nova etapa, e que esta posibilidade é real neste momento. Sobra dicir que o Comité Intercentros no futuro terá que facer un esforzo maiúsculo de comunicación co persoal laboral, e tódolos pasos que tome deberán ser validados polo persoal en asemblea para retomar a senda da confianza entre representación e representados. Se Xerencia e o resto de sindicatos que apoiaron o acordo na Mesa Xeral dan pasos claros de xeito inmediato que permitan detectar un cambio de postura e criterios, tentaremos chegar a un bo acordo de funcionarización. En caso contrario, non imos deixar pasar o tempo que lle queda a esta equipa de goberno. Queda medio ano para as eleccións, tempo suficiente para negociar moitas cousas, no que entendemos que Xerencia debería tentar que esta etapa de catro anos non quede como unha folla en branco no que respecta á negociación colectiva. Aínda hai tempo para abordar diversas negociacións que levan esperando moito tempo, e que pode que non sexan de tanto calado como a funcionarización pero que si son moi importantes para o persoal e para o bo funcionamento desta universidade. ________________________________


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CIG