Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2017)Voltar á páxina principal de PAS-CIGSubscribirse ou  abandoar  PAS-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 18 Oct 2017 09:11:27 +0000
Reply-To:     Sección Sindical CIG <cig_usc@USC.ES>
From:         Sección Sindical CIG <cig_usc@USC.ES>
Subject:      Escrito de Paco Castro na lembranza de Manolo Lareo
Content-Type: multipart/alternative;

A semana pasada deixounos Manolo. Despois dunha semana de loita por suturar a misteriosa e fráxil canle da vida que se verteu, que se foi sen remedio e tranquilamente fronte ás desesperacións. O venres descargamos xuntos os expositores para unha exposición de libros de anatomía e baixei polo correo á conserxería onde intercambiamos as habituais retrancas, por que Manolo era retranqueiro, e aínda que ás veces pasabamos a un rexistro serio se a conversa o requiría, el tiña gusto pola retranca e sabía rir. A risa di moito de nós e, a xente que ri como Manolo, espalla a ledicia que se contaxia. O venres seguinte, o pasado día 13 de outubro de 2017, chorámolo. Puiden transmitir a miña solidariedade na dor aos seus; a Cuca, a Iago, a Antón e a Manoel; sen palabras porque todas as palabras son vans. Ningunha palabra serve para expresar o que sentimos cando a morte chega tan cerca. A humanidade constrúe rituais e frases feitas para auxiliarnos nestas circunstancias pero a min non me serviron. Eu non tiven palabras. Agora quero coller estas de Fernando Pessoa para recordalo, porque é aí onde vivirá Manolo, no noso recordo, o recordo dunha boa e luminosa persoa que tamén nos axudará a vivir a nós. Amigo Manolo, vivirás no meu recordo.

A morte é a curva da estrada,

morrer é só nao ser visto.

Se escuto, eu te oiço a passada

existir como eu existo.

Paco Castro

Compostela 17 de outubro de 2017


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CIG