Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2017)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 24 Jul 2017 12:22:40 +0000
Reply-To:     Sección Sindical UGT - USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         Sección Sindical UGT - USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      UGT valora positivamente o acordo de funcionarización do
               PAS
Content-Type: multipart/alternative;

UGT valora positivamente o acordo de funcionarización alcanzado na mesa de negociación xeral do PAS logo do proceso de negociación desenvolvido pola xerencia coas centrais sindicais con representación na USC. Este acordo supón un importante avance con respecto á proposta inicial de xerencia nun proceso que achega novas posibilidades ao persoal laboral da Universidade de Santiago.

O acordo obtivo sete votos a favor (CCOO e TGU), cinco en contra (CIG) e tres abstencións (CSI-F e UGT) polo que finalmente foi aprobado. Partícipes activos na mellora do texto presentado por xerencia, UGT considera que a decisión final a favor ou en contra da funcionarización corresponde xa a cada traballadora ou traballador.

A funcionarización é unha decisión voluntaria e persoal que cada quen deberá exercer conforme as súas particulares circunstancias. Nomeadamente, suporá un maior nivel de estabilidade laboral dos postos ata agora laborais, así como un incremento económico variable en función do grupo de pertenza. O proceso leva parellos igualmente novas posibilidades de promoción tanto vertical como horizontal ou cara outras administracións.

O persoal que opte voluntariamente pola funcionarización manterá tanto as súas funcións como as súas actuais condicións de traballo sen que o proceso supoña alteración neste sentido. Para acceder ao proceso será preciso superar unha proba tipo test de coñecementos administrativos cun máximo de catro oportunidades nun prazo máximo de catro anos. Para facilitar a preparación da proba, levarase a cabo un plan de apoio á funcionarización, igualmente voluntario e que se desenvolverá en modalidade de autoformación/teleformación coa colaboración do CeTa. <http://www.usc.es/es/perfis/pas/sindicatos/ugt/>

http://www.usc.es/es/perfis/pas/sindicatos/ugt/

________________________________


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT