Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2017)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 16 Jun 2017 09:23:29 +0000
Reply-To:     Sección Sindical UGT - USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         Sección Sindical UGT - USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Últimos avances no proceso de negociación do proceso d
              e funcionarización
Content-Type: multipart/alternative;

A negociación do proceso de funcionarización segue dando novos pasos coas achegas que se están a realizar dende os diferentes sindicatos participantes na mesa xunto coa xerencia. Os avances das últimas xuntanzas permiten dar forma a un proceso no que en todo momento tratamos de achegar as consideracións que nos tedes feito chegar. Non obstante, seguimos abertos ás propostas que consideredes oportunas.

A maiores, do que xa se ten información neste senso, algunhas das principais novidades sobre o hipotético desenvolvemento do proceso de funcionarización serían as seguintes:

. A formación virtual será o método elixido para a realización dos cursos de preparación

. A xerencia ten mostrado a súa conformidade con recoller no acordo a prol da funcionarización a continuidade da vixencia do premio de xubilación

. O persoal laboral contratado terá a opción de pasar de xeito voluntario á condición de funcionario interino. De non producirse o cambio manterán as mesmas condicións como PAS contratado laboral. Non obstante, no momento en que se publique o OPE as prazas ocupadas serán de funcionarios.

Neste mesmo senso, será necesario asegurar que a experiencia acumulada como PAS laboral se respecte á hora de valorar os méritos no proceso selectivo.

. Que o persoal en situación de incapacidade laboral ou excedencia, poida optar a este proceso.

No capítulo de temas pendentes de solución:

. É necesario unha maior dotación de prazas do grupo B, a priori insuficiente polo importante volume de profesionais que poderían optar a este grupo. Dende UGT avogamos pola inclusión da totalidade dos actuais postos de técnicos especialistas no grupo B, séndolles esixible a titulación de Grao Superior de FP nas súas distintas especialidades.

. É o momento de abordar a clarificación de como se materializarán no acordo as xornadas especiais, a dispoñibilidade horaria, plus de perigosidade, ...

Séguenos en twitter:@UGT_USC<HTTPS://twitter.com/UGT_USC>

<https://twitter.com/UGT_USC>

<https://twitter.com/UGT_USC>

Web de UGT na USC<http://www.usc.es/gl/perfis/pas/sindicatos/ugt>


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT