Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2017)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 3 May 2017 14:40:18 +0200
Reply-To:     Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa
              <vr.titulacions@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa
              <vr.titulacions@USC.ES>
Subject:      Apertura prazo exposición pública novas propostas/modi
              ficacións grao-máster (curso 2018-19)
In-Reply-To:  <HE1PR0401MB260139171A5F8A2167B8C19FE1160@HE1PR0401MB2601.eurprd04.prod.outlook.com>
Content-Type: multipart/alternative;

Por indicación do Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, infórmase da publicación e apertura do prazo de exposición pública de novas propostas de grao/máster ou modificacións das memorias das xa verificadas nas que participa a USC con vistas á súa implantación no curso 2018-2019, para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren convenientes.

Os prazos e forma de presentación das alegacións son os seguintes:

Data límite de presentación de alegacións: 18 de maio de 2017.

Presentación de alegacións mediante:

1. Correo electrónico ao presidente das comisións redactoras – coordinadores dos títulos (figuran as ligazóns na páxina que se indica máis abaixo).

2. Correo electrónico á Secretaría da Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa (vr.titulacions@usc.es).

3. Escrito dirixido á Secretaría da Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa (Praza do Obradoiro, s/n - 15782 Santiago de Compostela).

4. Calquera outro sistema establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As novas propostas/modificacións poden consultarse nas páxinas seguintes:

Titulacións de grao: http://www.usc.es/gl/servizos/sxopra/0317_Novas_propostas_graos_2018_19.html

Titulacións de máster universitario: http://www.usc.es/gl/servizos/sxopra/0323_novas_propostas_master_2018_19.htm l

Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa

Ext.: 11004

Correo electrónico: <mailto:vr.titulacions@usc.es> vr.titulacions@usc.es


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION