Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2017)Voltar á páxina principal de PAS-CIGSubscribirse ou  abandoar  PAS-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 6 Mar 2017 09:01:20 +0000
Reply-To:     "cig_usc@usc.es" <cig_usc@USC.ES>
From:         "cig_usc@usc.es" <cig_usc@USC.ES>
Subject:      MOBILIZACIÓNS 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

CIG-INFORMA: 8 de marzo   A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada pola CIG ante a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, que sairá do estadio de San Lázaro ás 10:45 horas, concentrándonos ás 11:00 horas o día 8 de marzo, diante da Secretaría xeral de Igualdade, en Compostela, en solidariedade con Nélida Pisco, condutora de Autobuses de Calo, por representar a meirande parte das discriminacións que sufrimos as mulleres no mundo do traballo, tras padecer durante 8 anos acoso e terrorismo patronal. (Desde as comarcas sairán buses para desprazarnos o día 8 a Compostela, lembra anotarte).    Animamovos tamén a arroupar a iniciativa internacional impulsada polas organizacións feministas para este 8 de marzo de convocar un Paro Internacional de Mulleres, amosando a nosa solidariedade como central sindical coas compañeiras de diversos países do mundo que secundarán o paro convocado para este ano.  Mentres esta iniciativa non se materializa no noso país, nós, simbolicamente pararemos con elas, facendo un paro de media hora no traballo,  PARA O CAL AS QUE POIDAMOS REUNIREMONOS MEDIA HORA:

COMPOSTELA: ÁS 12: 30 HS. DIANTE  DA REITORÍA, DE DEREITO E DE ECONOMICAS LUGO: ÁS 12 HS. DIANTE DA BIBLIOTECA INTERCENTROS

As que non poidan parar que vistan de negro ou violeta. Inundade as redes sociais cun letreiro que amose a solidariedade coas mulleres que en moitos países do mundo van ir á folga, empregando os hashtag: #ParoDeMulleres #NósParamos #Solidariedade #8M

  Aproveitando o marco do Encontro Nacional de Delegadas da CIG que teremos proximamente, desde a Secretaría das Mulleres da CIG abordaremos a posibilidade de impulsar unha folga de mulleres en Galiza, que abarque a todas as mulleres do país, desempregadas, xubiladas, traballadoras por conta propia, estudantes, etc., unha folga de coidados e de consumo como resposta aos feminicidios e as graves discriminacións que continuamos a sufrir as mulleres polo mero feito de selo. Nesta iniciativa traballaremos conxuntamente co movemento feminista galego para que participe de forma activa na convocatoria.   Mobilizacións con motivo do 8 de marzo

Paralelamente, como organización integrante da Marcha Mundial das Mulleres facemos un chamamento a participar na manifestación convocada en Compostela  por esta organización:   8 de marzo: 19h Manifestación do movemento feminista en Compostela (Praza 8 de marzo)

Sección Sindical CIG USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CIG, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CIG --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CIG