Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Decembro 2016)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 23 Dec 2016 08:41:02 +0000
Reply-To:     "ugt_usc@usc.es" <ugt_usc@USC.ES>
From:         "ugt_usc@usc.es" <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Proposta mínima de retribucións para o PAS funcionario
               na mesa de negociación
Content-Type: multipart/alternative;

En resposta a unha petición da xerencia no proceso de funcionariación do PAS Laboral, UGT fai pública a súa proposta coas referencias que este sindicato considera mínimos para as retribucións e complementos do PAS funcionario.

Na súa elaboración, Xerencia propón ter como referencia unha Relación de Postos de Traballo (RPT) que aínda non está sobre a mesa de negociación. A isto engádese a necesidade de revisar as funcións que terán os distintos postos e que require da conseguinte actualización do manual de funcións. Para UGT, tanto a existencia dunha RPT actualizada e un manual de funcións que recolla os contidos de cada posto son dous elementos indispensables para o avance desta negociación.

A proposta (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/perfis/pas/sindicatos/ugt/descargas/propostaugt.pdf ) que se presenta é o que UGT considera como un obxectivo MÍNIMO. A estas táboas (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/perfis/pas/sindicatos/ugt/descargas/proposta_salarios_f.pdf ) hai que engadirlle a nosa esixencia no tratamento da antigüidade para os dous colectivos.

________________________________


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT