Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2016)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Mon, 24 Oct 2016 13:16:25 +0200
Reply-To:   "CC.OO" <ccoo_usc@USC.ES>
From:   "CC.OO" <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:   =?UTF-8?Q?Charla-_Colquio:_Valoraci=c3=b3n_sentenzas_TXE_no_persoal?= =?UTF-8?Q?_contratado_ou_con_nomeameno_interino?=
In-Reply-To:   <289de31b-8820-e3b4-e556-dad5f95d746e@usc.es>
Content-Type:   multipart/alternative;

*valoraciÓn das sentenzas do tribunal de xustiza europeo no persoal con contrato temporal ou nomeamento interino***

Recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo veñen de recoñecer que os traballadores temporais ou con nomeamento como funcionario interino teñen dereito a unha indemnización de 20 días por ano traballado, sen necesidade de que o contrato sexa fraudulento. Ademais, denuncian a falta de garantías no emprego público ante o encadeamento de contratos temporais para cubrir necesidades permanentes nas Administración Públicas.

Esta medida é aplicable a todos os contratos temporais que se subscribiron e que están vixentes ou que se celebren no futuro. En concreto sería de aplicación a todos os contratos temporais extinguidos despois do 14 de setembro de 2015 e aos nomeamentos de funcionarios interinos extinguidos despois do 14 de setembro de 2011.

Ante esta situación, a Confederación Sindical de CCOO ten posto en marcha unha campaña de asesoramento xurídico e sindical para axudar aos traballadores e traballadoras temporais a reclamar estabilidade no seu emprego e unha maior indemnización económica á finalización do seu contrato ou nomeamento temporal.

Para informar sobre isto a Sección Sindical de CCOO da USC organiza unha charla coloquio, na que intervirán:

*·**JULIO SERRANO,* responsable de Universidade da Federación Estatal de Ensino de CCOO.

*·****FERNANDO ESCARIZ*, avogado da Asesoría Xurídica doSindicato Nacional de CCOO de Galicia.

*LUGAR: Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais*

**

*DÍA: Xoves 27 de outubro*

**

*HORA: 12 horas*

Podes ver o cartel, premendo no seguinte enlace:

http://www.usc.es/sindicatos/ccoo/index.php

-- Sección Sindical de CC.OO na USC Ext: 14343


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO