Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2016)Voltar á páxina principal de PDI-CIGSubscribirse ou  abandoar  PDI-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 26 Apr 2016 16:55:11 +0200
Reply-To:     "cig_pdi@usc.es" <cig_pdi@USC.ES>
From:         "cig_pdi@usc.es" <cig_pdi@USC.ES>
Subject:      Escandaloso recorte dos dereitos de
              representación do profesorado interino
              doutor nos Departamentos
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

A CIG quere expresar o seu rexeitamento ante o agravio que a USC practica co profesorado con contrato de interinidade. Á precariedade nas condicións laborais agora a Comisión Electoral aplica unha interpretación restritiva e contraria ao texto dos Estatutos da USC, excluíndo ao profesorado doutor con contrato de interinidade como membros natos dos Consellos de Departamento. Resulta escandaloso que se recorten os dereitos de representación de docentes a tempo completo, doutores da USC, prexudicando seriamente a este colectivo. A CIG non entende que tipo de política de acoso ao PDI se pretende con medidas como o recorte nos dereitos de representación nos Consellos de Departamento do profesorado interino doutor.Dende a CIG ofrecemos o noso apoio e asesoramento para interpoñer o recurso ás persoas interesadas no brevísimo prazo que teñen para defender os seus dereitos.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CIG, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CIG --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CIG