Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2016)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 21 Mar 2016 10:15:12 +0100
Reply-To:     "CC.OO USC" <ccoo_usc@USC.ES>
From:         "CC.OO USC" <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      Fwd: PAGOS A RECIBIR POLO PERSOAL NO 2016
In-Reply-To:  <56EC0547.3030800@usc.es>
Content-Type: multipart/alternative;

*_novas SOBRE AS DEVOLUCIÓNS retributivas PENDENTES ao persoal da USC para 2016:_*

*1.**Devolución do 49,72% restante da paga extra 2012.*

O conselleiro de facenda, na reunión da Mesa Sectorial de Función Pública, comunicou que se fará efectivo o pagamento do *49,72%* restante da paga extraordinaria de decembro de 2012 en dúas tandas, unha no mes de *abril* e outra no mes de *setembro*. Supoñemos que a USC seguirá o mesmo calendario.

*2.**Fin dos recortes no complemento específico ou similares.*

O conselleiro comunicou tamén que *deixarán de aplicar o recorte (5%)* nos complementos específicos ou similares nas pagas extraordinarias no *2017* (inicialmente ía ser no 2018).

*3.**Devolución da parte devindicada do recorte feito en 2013*

Tralas demandas por conflito colectivo presentadas por CC.OO, no tocante adevolución da*parte devindicada* do recorte realizado en *2013*, a Xerencia da USC informou que se aboará na nómina de *abril* para o persoal laboral (*PAS e PDI)*. CC.OO pediulle á USC que este pago se fixera tamén extensivo ao persoal funcionario, para que este non tivera que iniciar o procedemento xudicial e tras negociacións coa Xunta, estase estudando tamén o pago do recorte correspondente a xaneiro e febreiro de 2013 ao persoal funcionario. CCOO insistiu na necesidade de que se efectuara este pagamento de oficio e á maior brevidade evitando a xudicialización do proceso e os correspondentes custos que conlevaría para as empregadas e empregados públicos, ademais das condenas en custas que está a recibir a administración.

*4.**Pago do erro no complemento específico ao PAS laboral*

Sobre o pago do *erro no complemento específico*, detectado por CC.OO nas retribucións do *PAS laboral da USC*, Xerencia quedou de enviaran unha proposta de texto para firmar un acordo. Este complemento afecta principalmente aos Grupos I, II e III do PAS laboral.

-- Sección Sindical de CC.OO da USC Locais Sindicais Campus SUR Extensión: 14343 mailto:ccoo_@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo/


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO