Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2016)Voltar á páxina principal de PAS-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PAS-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 9 Mar 2016 12:04:03 +0100
Reply-To:     =?UTF-8?Q?Secci=c3=b3n_Sindical_CCOO_USC?= <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:     RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and
              ignored.
From:         =?UTF-8?Q?Secci=c3=b3n_Sindical_CCOO_USC?= <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      =?UTF-8?Q?10_de_marzo=2c_d=c3=ada_da_Clase_Obreira_Galega?=
Content-Type: multipart/alternative;

O Día da Clase Obreira Galega de 2016 conmemórase en circunstancias singulares, co cambio político en numerosas corporacións locais, unha reconfiguración do Parlamento do Estado e, en Galicia, a poucos meses de finalizar a segunda lexislatura de Alberto Núñez Feijóo.

Resta moito camiño para que a crise sexa un mal recordo, como evidencian os datos económicos do pasado ano. As últimas reformas laborais só serviron para volver máis precarias as condicións de traballo no noso país. Daquela, para o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, o balance do Goberno de Feijóo en materia de emprego admite a única cualificación de «nefasto» para os galegos e as galegas.

Desde a chegada do Partido Popular á Xunta perdéronse no noso país case 164.000 empregos, é dicir, catorce de cada cen dos existentes no remate do 2008. Nestes sete anos sumáronse ao desemprego 95.000 persoas, a taxa de paro subiu algo máis de oito puntos e o desemprego de longa duración medrou un 300 %. Dito doutro xeito, 69.000 persoas abandonaron o mercado laboral galego porque non atoparon na súa terra oportunidades de desenvolveren un proxecto de vida e de traballo

Desde CCOO facemos un chamaemnto para participar na manifestación que se celebra en Ferrol ás 19 horas e que sairá desde o monumento ao 10 de marzo (zona Inferniño):

*Pola recuperación da negociación colectiva articulada e do poder adquisitivo dos salarios: ningún traballador ou traballadora sen convenio!**

*Recuperación dos dereitos laborais arrebatados: derrogación das reformas laborais!*

*Recuperación da calidade democrática e da atención ás persoas: outras políticas sociais e democráticas!**

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CCOO