Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2015)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 16 Sep 2015 13:07:28 +0200
Reply-To:     Reitor da USC <reitor@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Reitor da USC <reitor@USC.ES>
Subject:      convite Montero Ríos
Content-Type: multipart/alternative;

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

A Universidade de Santiago de Compostela

ten o pracer de invitar a vostede á exposición EUGENIO MONTERO RÍOS: O XURISCONSULTO E O POLÍTICO NA COMPOSTELA DO SEU TEMPO <http://www.usc.es/estaticos/invitacions/Convite_Montero_Rios.pdf> http://www.usc.es/Convite_Montero_Rios

que se inaugurará o martes 22 de setembro de 2015 ás 20:00 h no Pazo de Fonseca (Salón Artesonado) en Santiago de Compostela

e permanecerá aberta ao público ata o 31 de outubro de 2015.

A mostra comisariada por Margarita Barral Martínez, Dra. Europea en Historia e Profesora na Facultade de Xeografía e Historia (USC), e Pablo Costa Buján, Dr. arquitecto e Profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura (UDC) constitúe a primeira ampla retrospectiva realizada sobre o prócer no centenario do seu pasamento.

O proxecto promovido polo Ateneo de Santiago, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela, o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e coordinado pola Universidade de Santiago, pretende poñer en valor a traxectoria vital, intelectual e política desta destacada figura santiaguesa de finais do século XIX e comezos do XX.

A colaboración da Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Santiago de Compostela, o Consorcio de la Ciudad de Santiago de Compostela, ABANCA e a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xustiza e a Secretaría Xeral de Cultura, permitiu reunir un conxunto de obras que poñen de manifesto a influencia de Eugenio Montero Ríos na transformación da cidade de Santiago.

A exhibición EUGENIO MONTERO RÍOS: O XURISCONSULTO E O POLÍTICO NA COMPOSTELA DO SEU TEMPO presenta un percorrido polos logros de Montero Ríos nuns anos fundamentais no desenvolvemento e metamorfose da cidade compostelá. Desempeñou un papel relevante durante a Restauración como líder político e como promotor de construcións civís executadas baixo o seu «manto protector», tal como é o caso, entre outras, da liña de ferrocarril Cornes-Carril, a ampliación e reforma do edificio da Universidade, a Escola de Veterinaria, a Facultade de Medicina e Hospital Clínico, o Colexio de Xordomudos e Cegos, ademais da promoción da Exposición Rexional Galega (1909).

Agradecementos as institucións cedentes: Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, Asociación Compostelana de Amigos del Ferrocarril, Biblioteca Xeral (USC), Concello de Santiago de Compostela, Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, Facultade de Xeografía e Historia (USC), Fundación Penzol, Museo de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, Parlamento de Galicia e Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago.


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION