Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2015)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 29 Sep 2015 13:51:47 +0200
Reply-To:     Xerente <xerente@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Xerente <xerente@USC.ES>
Subject:      Campaña Cardiovascular
Content-Type: multipart/alternative;

Bo día, No Día Mundial do Corazón, queremos facervos chegar unhas novas reflexións sobre opcións de vida cardiosaludables.

Así mesmo, recordamos que o acceso á plataforma BENESTAR UNIVERSAL, sigue aberta ata o 30 de Outubro. Nela atópase un cuestionario para coñecer o nivel de risco potencial de padecer unha enfermidade cardiovascular nos próximos 10 anos. Dende a mesma plataforma, e de xeito inmediato, se pode descargar un informe personalizado no que se indica o nivel de risco e a recomendacións para diminuílo.

Como acceder á plataforma?

URL de acceso: http://bienestaruniversal.net/MU/intro/treballador

Usuario: 15000231160 Clave: pkvaon54 Despois de introducir os datos persoais para rexistrarse, se pode cumprimentar o cuestionario de risco cardiovascular. Os datos persoais estarán protexidos en todo momento, e serán tratados con estrita confidencialidade. de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co RD 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o desenvolvemento desta lei.

Que datos se precisan?

Datos xerais: Idade, peso, altura e perímetro abdominal (medir o perímetro por debaixo do embigo). Se ben o perímetro abdominal ven marcado no cuestionario como campo "non obrigatorio" recomendase a súa introdución para unha maior calidade dos cálculos.

Datos médicos: Colesterol total e colesterol HDL, Glucemia, Presión arterial sistólica (a "alta") e presión arterial diastólica (a "baixa"). Recoméndase informar dos valores máis recentes dos que se dispoña para que os resultados e recomendacións sexan axustados á realidade actual.

Importante

Unha vez tramitado, o cuestionario non admite cambios; polo que é moi importante dispoñer dos datos necesarios antes de acceder á plataforma e telos presentes á hora de cumprimentar o cuestionario. Sen estes datos, non se poderá avaliar o nivel de risco de forman correcta nin proporcionar recomendacións.

Ata cando se pode cubrir o cuestionario?

A plataforma permanecerá aberta ata o 30/10/2015.

Atentamente, Servizo de Vixilancia da Saúde


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION