Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2015)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 23 Mar 2015 13:13:27 +0100
Reply-To:     =?UTF-8?B?U2VjY2nDs24gU2luZGljYWwgQ0NPTyBVU0M=?= <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:     RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and
              ignored.
From:         =?UTF-8?B?U2VjY2nDs24gU2luZGljYWwgQ0NPTyBVU0M=?= <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      Comunicado conxunto das
              =?UTF-8?B?bWFuaWZlc3RhY2nDs25zIGRvIDI0IGQ=?=
              =?UTF-8?B?ZSBtYXJ6bw==?=
Content-Type: text/plain; charset=utf-8; format=flowed

MANIFESTACIÓNS 24 DE MARZO

Sairán todas ás 11:30 horas nas seguintes cidades:

Santiago: Alameda Lugo: Edificio Sindicatos Ferrol: Praza de España A Coruña: Praza de Pontevedra Ourense: X.T. Educación Pontevedra: Praza da Peregrina Vigo: Praza de América

MANIFESTO FOLGA NA UNIVERSIDADE 24 DE MARZO DE 2015

As organizacións sindicais e estudantís galegas acordaron convocar folga en todas as universidades públicas galegas e para todo o seu persoal o próximo 24 de marzo.

1. O Goberno do estado acaba de aprobar o RD 43/2015 (3+2) modificando a ordenación das ensinanzas universitarias coa oposición de toda a comunidade universitaria, da Conferencia de Reitores (CRUE) e de todos os partidos e forzas sindicais, sen dar un debate político nin social nun tema que trastorna de xeito radical a universidade. Faise tamén sen unha avaliación da implantación da aplicación do proceso de "Bolonia", cunha clara vontade de degradar as titulacións e reducir a calidade das universidades públicas. Facilita igualmente a expansión das universidades privadas no ámbito dos mestrados e titulacións curtas, única forma de que compitan coa oferta das universidades públicas con profesorado máis cualificado e ata os últimos tempos con prezos máis bucación e investigación Non á privatización do ensino universitario Non á precariedade laboral Por unha equiparación das taxas de grao e mestrado. Por unha política de bolsas que incremente o número e contía e garantan un acceso real ao ensino público superior. Por un sistema universitario galego cun financiamento estrutural estábel e suficiente. Por unha política de dotación de persoal que permita a renovación e garanta o mantemento das titulacións e o impulso da I+D.

As Universidades galegas polo ensino público para todas e todos, contra os recortes e por unha sociedade máis formada e cunha investigación de calidade.

CIG, CCOO, UGT, CSI-F Comités, Liga Estudantil Galega, AGIR, Sindicato de Estudantes, Acción Universitaria

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO