Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2015)Voltar á páxina principal de PAS-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PAS-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 25 Feb 2015 08:28:57 +0100
Reply-To:     =?UTF-8?B?U2VjY2nDs24gU2luZGljYWwgQ0NPTyBVU0M=?= <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:     RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and
              ignored.
From:         =?UTF-8?B?U2VjY2nDs24gU2luZGljYWwgQ0NPTyBVU0M=?= <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      CCOO apoia a folga estudantil e a
              =?UTF-8?B?bWFuaWZlc3RhY2nDs24g?= =?UTF-8?B?ZG8gZMOtYSAyNg==?=
Content-Type: multipart/alternative;

CCOO-USC apoia a convocatoria de folga estudantil convocada contra a reforma universitaria prantexada polo goberno

A Sección Sindical fai un chamamento á participación na manifestación convocadas para o xoves, día 26, ás 11:30 horas que sairá da Alameda de Compostela

O Goberno central e os autonómicos, utilizando como escusa a crise económica, seguen recortando os recursos económicos e humanos do noso sistema educativo, malia que esta política de axustes non está logrando os obxectivos de aforro que di perseguir, agora tócalle á universidade na que se prantexa unha reforma educativa que imprimirá un sesgo "clasista" a esta e cun marcado carácter privatizador, coa aprobación dun RD que modifica a duración dos graos e que vai xerar disfuncións coa diferente duración que poderían ter títulos iguais en función da universidade na que se cursen .

Así mesmo, *CCOO *advirte que, se temos en conta os elevados prezos dos estudos de posgrao e as maiores dificultades para o acceso ás bolsas, estas transformacións teñen un marcado carácter clasista no acceso á Educación Superior e darán lugar a unha diminución significativa do número de estudantes universitarios.

Esta reforma encuberta da universidade comezou en 2012, cando o Goberno alterou a estrutura de prezos públicos, provocando que as matrículas universitarias se dispararan, e incrementou a dedicación docente do profesorado. Educación ameaza con culminar a reforma este ano,favorecen a privatización dos estudos superiores e empeorando, cun regueiro de decisións regresivas, a difícil situación do sistema universitario .

Polo tanto segue habendo motivos para a mobilización, e seguiraos habendo nos vindeiros meses, xa que estas políticas non saben de data, polo que desd*CCOO* apoiamos a convocatoria de folga das organizacións estudantís e facemos un chamamento á participación nas mobilizacións convocadas para esas datas e manifestamos que seguiremos a mobilizarnos pois é a nosa obriga a defensa do ensino público e a denuncia do interese pola destrución dun modelo educativo de calidade e equidade que teñen os gobernos autonómico e estatal.

Un cordial saúdo

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CCOO