Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2014)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Thu, 2 Oct 2014 11:41:57 +0200
Reply-To:   UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
From:   UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:   Convocatoria Consello de Participación Sindical
Content-Type:   text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Negociación do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio

A USC presentou aos sindicatos con representación a súa proposta de Plan Económico Financeiro de Reequilibrio, remitido esta mesma semana á Xunta de Galicia. Como expuxemos na xuntanza celebrada co xerente José M. Villanueva agradecemos que se abran vías de negociación e se estableza un espazo para o diálogo. Consideramos que o documento pon sobre a mesa unha situación preocupante ao tempo que limita as marxes para a negociación.

Amortizaranse prazas, tanto en PAS como en PDI (tanto laborais como funcionario), reduciranse gastos e reorganizarase a estrutura administrativa e académica da USC para ofrecer respostas máis áxiles. Ao mesmo tempo comezará de inmediato a negociación do Plan de Financiamento do SUG coa Xunta de Galicia e, se esta última o consinte, renegociaranse con Abanca, Santander e BBVA a débeda bancaria a liquidar nos vindeiros anos. O obxectivo é reducir á débeda e aspirar ao superávit.

Compartindo a necesidade dos obxectivos, preocúpannos os métodos xa que a execución desta plan suporá: menos profesorado e máis avellentado, cunha proporción de reposición inferior á que sería desexable; e a reconversión do PAS, onde a través da amortización e unha taxa de reposición 0 se propiciará a purga desta colectivo e a conseguinte reordenación de servizos para facer fronte á mesma carga de traballo con menos efectivos.

Máis información en http://www.usc.es/sindicatos/ugt

Sección Sindical de FETE-UGT na USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT