Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2014)Voltar á páxina principal de PAS-CIGSubscribirse ou  abandoar  PAS-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 28 Oct 2014 12:22:34 +0100
Reply-To:     CIG USC <cig_usc@USC.ES>
From:         CIG USC <cig_usc@USC.ES>
Subject:      Sobre o Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia 2015
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Sobre o Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia 2015

? O orzamento destinado ás universidades pasa de 375,5 M? a 371,9 M?. ? Os custos laborais da Coruña e Vigo mantéñense, pero a Xunta detrae 4 millóns de euros á USC en masa salarial (efectiviza logo as amortizacións de xubilacións destes tres últimos anos, co que estes postos pérdense definitivamente). ? A taxa de reposición do 50% non será aplicable á USC xa que se establece que a Consellería de Facenda só autorizará a creación de prazas "logo de acreditar que a oferta de emprego público das mencionadas prazas non afecta ao cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria establecidos para a correspondente universidade". ? A cobertura temporal de prazas só autorizará por razóns urxentese inaplazabeis logo de acreditar a necesidade obxectiva docente da área e a fonte de financiamento da praza. ? Forzada polas sentenzas xudiciais obtidas polas centrais sindicais,devolven a metade da extra deivindicada no 2012. As extras do 2015 seguiran diminuídas como o ano pasado e os anteriores. ? Galiza segue sendo a única comunidade autónoma do Estado sen paga extraordinaria para os/as traballadores/as públicos. En 2014 foron Cataluña e Galiza. A Xunta segue a roubarlle a USC o recorte das nóminas a que ela obriga (preto de 10 millóns de euros), importe que sumado ao dos 3 anos previos solucionaría os problemas financeiros da USC. De novo os recortes van a pagar a débeda da Xunta, non os déficits da USC.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CIG, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CIG --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CIG