Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2014)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 17 Sep 2014 12:51:08 +0200
Reply-To:     Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:     RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and
              ignored.
From:         Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      redución salarial 2013, paga extra 
              2012 e modificación do EBEP
Content-Type: multipart/alternative;

*Mañá celebrase o xuízo polos conflitos colectivos presentados por CCOOcontra os recortes das retribucións do PAS e do PDI laborais da USC no ano 2013 por parte da Xunta de Galicia.***

O Goberno prevé incluír unha disposición nos Orzamentos Xerais do Estado para 2015 devolvendo o resto da Paga Extra suprimida en 2012, en varios anos e comezando en 2016

É moi significativo que esa devolución se intente aprobar nos Orzamentos Xerais do Estado para 2015 (OXE 2015) cando, en realidade,se fará efectiva nos anos seguintes. Polo que resulta totalmente descarado que se trata dunha burda manobra electoral dirixida aos empregados públicos para captar votos durante as próximas eleccións . Significativo, tamén, que o anuncio da medida se concrete na súa devolución "en efectivo" cando con anterioridade Montoro dixera que sería invertida en Plans de Pensións.

*Saudamos o anuncio na medida que supón a devolución dun recorte que nunca debeu producirse, pero alertamos de que se poda tratar dun anuncio electoral e que en realidade non implica ningunha seguridade nin confianza no resultado final*: aínda que se inclúa nos OXE 2015, como o seu pago se producirá nos anos seguintes, os OXE 2016 poden volveranular a medida xa que as disposicións contidas como normativa de acompañamento ás Leis de Orzamentos anuais só teñen vixencia durante ese ano, e non poden estenderse de forma automática no futuro.

Así que, como o Plan Nacional de Reformas que o Goberno presentou en 2012 á Unión Europea incluía unha maior redución de déficit ata 2012, sería totalmente previsible que despois da "febre electoral" do próximo ano en 2016 se volva á senda dos recortes drásticos e nos encontremos cun novo Goberno que volve anular esa devolución. *Polo que a nosa única confianza para poder recuperar o resto da Paga Extra suprimida é por medio dos Tribunais, cuxas sentenzas están pendentes dun pronunciamento do Tribunal Constitucional, ou a mobilización para obrigar a Montoro que esa devolución se produza en 2015.*

*Informarvos que mañá, día 18 de setembro, vaise celebrar o xuízo no TSXG polos conflictos colectivos presentados por CCOO diante dos recortes das retribucións do PAS e do PDI laborais da USC no ano 2013 por parte da Xunta de Galicia. O vindeiro25 de setembro celebrarase o xuízo, tamén no TSXG, polas reduccións feitas durante ese ano ao persoal con cargo a proxectos de investigación. Cando se produzan a sentenzas informarémosvos do seu resultado.*

*Por outro lado, no día de hoxe sae publicada no BOE a "*Ley 15/2014, de 16 de septiembre, de racionalización del Sector Público y otras medidas de reforma administrativa", onde se inclúe o "regalo" dun quinto día de asuntos particulares e na que se recollen modificacións no EBEP. Desde CCOO da USC xa fixemos unha valoración sobre esta lei o pasado 19 de maio que podes consultar no seguinte enlace:

http://www.listas.usc.es/cgi-bin/wa?A2=ind1405&L=pas-ccoo&F=&S=&P=255

Un cordial saúdo

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO