Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2014)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 26 Sep 2014 11:29:01 +0200
Reply-To:     Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:     RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and
              ignored.
From:         Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      O BOE publica cambios na ANECA e Wert xa tramita o 3 Reais
              Decretos
Content-Type: multipart/alternative;

Unha vez máis, o ministro Wert volve enganarnos, cando en teoría os Reitores e os Sindicatos todavía están negociando co Ministerio sobre os tres RD, o Goberno xa comezou os cambios.

Esta actitude do Ministro Wert demostra, unha vez máis, que as súas propostas de negociación e consenso son un simple acto de propaganda. As súas intencións non cambiaron e, simplemente, limitouse a mentir novamente para evitar o rexeitamento frontal e gañar tempo de cara a tramitar os cambios normativos e legais que permiten pór en marcha o "seu" modelo de universidade.

En xullo, ante o rexeite inicial de Reitores e Sindicatos, comprometeuse a iniciar un proceso de negociación para incorporar e/ou modificar diversos aspectos negativos dos tres Reais Decretos. Proceso de negociación que se veu desenvolvendo con certa normalidade, ata este momento.

Sen embargo, a publicación no BOE dos cambios normativos sobre a ANECA e o inicio do trámite lexislativo dos tres Reais Decretos, implica que o ministro Wert non ten ningunha vontade de chegar a acordos ou de modificar as súas intencións.

As modificacións da ANECArealizáronse, ademais, por medio da /Ley 15/2014, de 16 de septiembre, de racionalización del Sector Público y otras medidas de reforma administrativa /*publicada en no BOE o pasado 17 de setembro, * <http://www.boe.es/boe/dias/2014/09/17/pdfs/BOE-A-2014-9467.pdf> mentres que o inicio do proceso de Información Pública dos Reales Decreto publicitouse na propia web do Ministerio.

Esta transformación da ANECAsupón que a *"súa independencia" do Ministerio vaicoincidir coa eliminación das autoavaliacións, coa substitución de baremos numéricos por valoracións subxetivas sen explicar nin motivar e polo inicio dunha época de falta de transparencia nas acreditacións *cuxo único obxectivo é reducir o número de universidades públicas, reducir o seu tamaño eliminando titulacións e alumnos, así como reducir tamén o número de profesores acreditados para que os cadros de persoal de PDI sexan máis pequenos.

Proceso cuxa finalidade é a reducción de custes nas universidades públicas para cumplir co previsto no compromiso do Goberno ante a Unión Europea co Plan Nacional de Reformas (PNR), presentado cando se acordou o rescate da banca e que compromete ao noso país ata o ano 2020.

Un cordial saúdo

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO