Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2014)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 26 Sep 2014 11:29:01 +0200
Reply-To:     Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:     RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and
              ignored.
From:         Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      O BOE publica cambios na ANECA e Wert xa tramita o 3 Reais
              Decretos
Content-Type: multipart/alternative;

Unha vez máis, o ministro Wert volve enganarnos, cando en teoría os Reitores e os Sindicatos todavía están negociando co Ministerio sobre os tres RD, o Goberno xa comezou os cambios.

Esta actitude do Ministro Wert demostra, unha vez máis, que as súas propostas de negociación e consenso son un simple acto de propaganda. As súas intencións non cambiaron e, simplemente, limitouse a mentir novamente para evitar o rexeitamento frontal e gañar tempo de cara a tramitar os cambios normativos e legais que permiten pór en marcha o "seu" modelo de universidade.

En xullo, ante o rexeite inicial de Reitores e Sindicatos, comprometeuse a iniciar un proceso de negociación para incorporar e/ou modificar diversos aspectos negativos dos tres Reais Decretos. Proceso de negociación que se veu desenvolvendo con certa normalidade, ata este momento.

Sen embargo, a publicación no BOE dos cambios normativos sobre a ANECA e o inicio do trámite lexislativo dos tres Reais Decretos, implica que o ministro Wert non ten ningunha vontade de chegar a acordos ou de modificar as súas intencións.

As modificacións da ANECArealizáronse, ademais, por medio da /Ley 15/2014, de 16 de septiembre, de racionalización del Sector Público y otras medidas de reforma administrativa /*publicada en no BOE o pasado 17 de setembro, * <http://www.boe.es/boe/dias/2014/09/17/pdfs/BOE-A-2014-9467.pdf> mentres que o inicio do proceso de Información Pública dos Reales Decreto publicitouse na propia web do Ministerio.

Esta transformación da ANECAsupón que a *"súa independencia" do Ministerio vaicoincidir coa eliminación das autoavaliacións, coa substitución de baremos numéricos por valoracións subxetivas sen explicar nin motivar e polo inicio dunha época de falta de transparencia nas acreditacións *cuxo único obxectivo é reducir o número de universidades públicas, reducir o seu tamaño eliminando titulacións e alumnos, así como reducir tamén o número de profesores acreditados para que os cadros de persoal de PDI sexan máis pequenos.

Proceso cuxa finalidade é a reducción de custes nas universidades públicas para cumplir co previsto no compromiso do Goberno ante a Unión Europea co Plan Nacional de Reformas (PNR), presentado cando se acordou o rescate da banca e que compromete ao noso país ata o ano 2020.

Un cordial saúdo

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO