Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2014)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 22 Apr 2014 12:49:00 +0200
Reply-To:     Velo Garcia Jose Manuel <josemanuel.velo@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Velo Garcia Jose Manuel <josemanuel.velo@USC.ES>
Subject:      Cambios na conexión a rede WiFi da USC
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

Estimados usuarios,

Co obxecto de simplificar a conexión á rede sen fíos da USC, a partir de agora utilizarase un único identificador (eduroam) para todos os efectos. Nos vindeiros meses desaparecerá o identificador "wifiusc" polo que é necesario configurar o acceso a "eduroam" en canto sexa posible.

Eduroam proporciona a mesma funcionalidade que a antiga wifiusc dentro das instalacións da USC. A principal vantaxe é que permíte conectarnos a Internet dende a maioría das universidades e centros de investigación europeos e incluso moitos a nivel mundial. Podemos atopar máis información nestas ligazóns: http://www.eduroam.es/ e https://www.eduroam.org/

Para a súa configuración recoméndase facer uso da aplicación que podemos atopar en http://cat.eduroam.org/ No caso do sistema operativo Windows é recomendable desinstalar antes o software actual.

Toda a información necesaria, personalizada para a USC, atópase en: http://www.usc.es/gl/servizos/atic/rede/senfios/

Para calquera consulta ou axuda sobre a configuración poden contactar co centro de atención de usuarios (CAU) na extensión 55555 ou mediante o correo: cau@usc.es

Un saúdo,

Área TIC.


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION