Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2014)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 25 Mar 2014 11:11:16 +0100
Reply-To:     "Sección Sindical de CC.OO. da USC"
              <ccoo_usc@USC.ES>
From:         "Sección Sindical de CC.OO. da USC"
              <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      O derradeiro xoves 20 de marzo do 2014 reuniuse a Mesa de
              negociación do PDI
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Nesta Mesa, coa ausencia anunciada do CSI-F, tratáronse temas de trámite e de interese como a: 1.Aprobación por unanimidade das Actas das xuntanzas anteriores. 2.O desenvolvemento de mecanismos para mellorar no futuro a eficiencia no funcionamento da Mesa. 3.Tramitación dos méritos docentes solicitados por parte do PDI. 4.Presentación por parte do Vicerreitor de Profesorado da Normativa de Eméritos. 5.Discusión da ?Circular conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos pola que se ditan instruccións para a provisión temporal de postos de persoal docente e investigador para cubrir necesidades docentes urxentes e inaprazables nas entidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia?. 6.Situación actual dos recursos presentados polos LRU´s e as solucións que a USC está a desenvolver.

Ética pública, estética, transparencia, responsabilidade, que fácil é escribir estas palabras e que difícil desenvolver a túa vida persoal e profesional usándoas como referente. É máis fácil usalas para instigar e crear problemas, acusar falsamente aos demais, vender medo para acadar votos, ou xerar conflitos innecesarios para interpoñer recursos ou votos particulares. Onde está a ética pública cando falseamos a realidade sobre situacións que están a pór dificultades para a estabilización a moitos dos nosos compañeiros?, onde está a responsabilidade non asistindo a unha Mesa na que se tratou a ?Circular conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos??, onde está a transparencia cando na primeira xuntanza na que se podía tratar o tema das melloras no funcionamento na Mesa non se asiste?, onde está a responsabilidade renunciando a seguir traballando e facilitarlle o labor de desgaste que a Xunta está a facer contra a nosa Universidade?, e onde está a estética difamando gratuítamente a compañeiros e Institución?. Sería un acto responsable, ético, estético e transparente sumarse ao escrito que se lle enviou ao Vicerreitor do PDI en defensa de todos os colectivos de PDI non estables e que nestes momentos coa postura da Xunta corren serio perigo.

Tendes máis información no seguinte enlace: http://www.usc.es/sindicatos/ccoo tanto na sección de PDI Funcionario como na de PDI Laboral.

Un cordial saúdo.

Sección Sindical de CCOO da USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO