Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2014)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 6 Mar 2014 08:55:10 +0100
Reply-To:     Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:     RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and
              ignored.
From:         Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      "Cos nosos Deritos non se xoga":  Día Interna
              cional das Mulleres
Content-Type: multipart/alternative;

Estimadas compañeiras e compañeiros, dende a sección sindical de CCOO na USC, con motivo do vindeiro día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, xornada de reivindicación de todas e todos en favor dos dereitos das mulleres; invitámovos a participar nos actos que se realizarán tanto o día 8 coma o día 9 de marzo dos que vos damos conta a continuación, e que queremos que sexan unha xornadas de reivindicación de todas e todos en favor dos dereitos das mulleres.

Manifestacións*:*

*Día 8 marzo Día Internacional das Mulleres.*

Saída ás 11 h da praza da Concordia (San Lázaro, Santiago de Compostela).

*Día 9 marzo en defensa do dereito ao aborto.*

Saída ás 12 h da estación do tren de Santiago de Compostela.

*8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES -COS NOSOS DEREITOS NON SE XOGA**-*

Este 8 de marzo preséntase un día moi reivindicativo. Este ano vén marcado por unha forte mobilización e contestación social *contra a nova lei do aborto* ---un ataque sen precedentes á liberdade e ao dereito das mulleres a decidiren sobre a súa sexualidade e a súa maternidade---, e para lle esixir ao Goberno o avance da *igualdade efectiva, a loita contra a discriminación por razón de sexo, o impulso á creación de emprego digno, un modelo educativo igualitario e combater a violencia contra as mulleres*.

Para conmemorar este día e facer patentes as nosas reivindicacións, a Unión Intercomarcal de CCOO Santiago-Barbanza organiza este 8 de Marzo, unha *marcha a pé polo Camiño de Santiago, con saída ás 11:00 da praza da Concordia en San Lázaro* *e remate na a praza do Obradoiro*. Queremos que se nos vaian unindo todas as persoas que queiran acompañarnos cos seus lemas, pancartas, carteis de protesta e queixas pola situación que estamos a vivir.

Durante a marcha expresaremos o noso desacordo coas medidas adoptadas polo ministro Gallardón, e depositaremos nas portas dos xulgados, en Fontiñas, unha coroa de flores pola morte da Xustiza. Continuaremos a marcha polo Camiño de Santiago ata chegarmos ao Obradoiro, onde tamén manifestaremos o noso desacordo coa política ---representada no Pazo de Raxoi--- e a Igrexa ---representada na Catedral---. Para máis información podes consultar o seguinte enlace:

http://www.usc.es/sindicatos/ccoo

Un cordial saúdo

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO