Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2014)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 26 Mar 2014 11:15:39 +0100
Reply-To:     "Sección Sindical de CC.OO. da USC"
              <ccoo_usc@USC.ES>
From:         "Sección Sindical de CC.OO. da USC"
              <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      A Xunta invade a autonomía  universitaria  e
              acentúa a precariedade laboral
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Os sindicatos CIG, CCOO e UGT tendo coñecemento da Circular conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos pola que se ditan instruccións para a provisión temporal de postos de persoal docente e investigador para cubrir necesidades docentes urxentes e inaprazables nas entidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia na Mesa de Negociación Sindical celebrada o día 20 de marzo de 2014, EXPRESAN, a súa profunda disconformidade co procedemento deseñado pola Xunta de Galicia para a autorización de prazas temporais do PDI por ser invasivo da autonomía universitaria, revelar un profundo descoñecemento da realidade universitaria, acentuar a precarización do PDI, diminuir a calidade da docencia e non axustarse a Dereito. 1.A LOU establece no artigo 81.4 ?Los costes del personal docente e investigador, así como de administración y servicios, deberán ser autorizados por la Comunidad Autónoma, en el marco de la normativa básica sobre Oferta de Empleo Público. Asimismo, el nombramiento de personal funcionario interino y la contratación de personal laboral temporal por las universidades deberá respetar la normativa básica estatal en la materia?. Non cabe por tanto que a autorización da Xunta vaia máis alá que a comprobación de que os custes se axustan aos orzamentos autonómicos e as disposicións en canto á taxa de reposición de efectivos. 2.O intento de controlar outros parámetros invade a autonomía universitaria e debe ser recorrido polas Universidades. A USC debe continuar adiante coas actuacións en materia de persoal que se axusten ás previsións orzamentarias e á taxa de reposición. 3.As instruccións da Xunta no sentido de que a docencia se imparta en por áreas afíns, con horas extraordinarias ou outros mecanismos que non impliquen a contratación temporal de profesorado só provocará un empeoramento da calidade da docencia e das condicións de traballo do PDI. 4.A Xunta insiste na ausencia de previsións para a estabilización de diversos colectivos de PDI. Condea á precariedade contractual ou ao paro a persoas moi necesarias para darlle futuro á docencia e a investigación universitarias en Galicia.

Por todo isto pedimos ao Consello de Goberno que adopte unha declaración sobre esta cuestión e a remita á Xunta de Galicia.

Un cordial saúdo.

Sección Sindical de CCOO da USC http://www.usc.es/sindicatos/ccoo

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO