Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2014)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Mon, 24 Mar 2014 12:48:28 +0100
Reply-To:   Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Comments:   RFC822 error: <W> Incorrect or incomplete address field found and ignored.
From:   Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:   Mobilizacións pola sanidade pública o 26 de marzo
Content-Type:   multipart/alternative;

Mobilizacións pola sanidade pública o 26 de marzo

CCOO e outras organizacións sindicais con representación na sanidade pública convocan mobilizacións en toda Galicia o vindeiro 26 de marzo. Denuncian que a cidadanía é a que está a pagar as consecuencias dos recortes: longas listas de espera, falta de camas hospitalarias, quirófanos pechados e cada vez máis copagamentos. Os sindicatos sinalan que a Xunta recorta ano tras ano o investimento en sanidade. Para o 2014 mingua de novo o orzamento e haberá case 400 millóns menos que no 2010. Denuncian que a metade do orzado o «devoran» as privatizacións ---concertos con centros privados, servizos privatizados e outros gastos.

Haberá menos recursos económicos e, polo tanto, humanos: o persoal da sanidade pública reduciuse o 14 % en só catro anos, polo que «a deterioración do servizo é evidente» e as consecuencias, como se indicou, «págaas a cidadanía»

Para reverter esta situación, os convocadores chaman a cidadanía a participar de xeito «masivo» nas accións de protesta convocadas.

*Santiago (20 h)* Saída: Praza Roxa Percorrido: República do Salvador, Rúa do Hórreo, Orfas, Toural, Rúa do Vilar Chegada: Praterías

*Lugo (20 h)* Saída: Edificio Multiusos Xunta de Galiza Percorrido: Praza de Ferrol, Rúa San Marcos, Santo Domingo, Quiroga Ballesteros, Rúa Montevideo Chegada: Dirección Provincial SERGAS

Un saúdo

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO