Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2013)Voltar á páxina principal de PAS-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PAS-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 31 Jul 2013 11:45:03 +0200
Reply-To:     Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
From:         Sección Sindical CCOO USC <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      CCOO denuncia a perda de 5.976 empr
              egos nas universidades públicas polos recorte
              s en só un ano
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; format=flowed

O Boletín Estatístico do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas elaborado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas confirma a perda de 4.321 docentes e investigadores (PDI) e 1.655 membros de persoal de administración e servizos (PAS) entre xaneiro de 2012 e xaneiro do 2013, mentres que o alumnado aumenta un 1,6%.

Como xa denunciamos o pasado mes de febreiro, coincidindo coa publicación do informe dos "expertos" sobre a situación da universidade española de cara á súa próxima reforma, os problemas máis urxentes dos campus españois seguen sendo o seu insuficiente financiamento e as nefastas políticas de axuste de persoal impostas nas leis de orzamentos (estatal e autonómicas) que limitan a incorporación de novo personal nas universidades e impiden a cobertura de máis do 90% das xubilacións que se producen. Estos recortes están afectando tamén ás bolsas, nun momento de fortísimo incremento das taxas.

Para CCOO, cómpre frear esta salvaxe política de recortes que está descapitalizando a universidade pública española e dificultando a necesaria transformación do modelo produtivo que todos reivindicamos. A falta de financiamento e a nefasta política de persoal pretenden desprestixiar o servizo público universitario español, no que, por encima de todo, deben primar a calidade e a equidade fronte aos criterios mercantilistas que quieren impoñer desde o MECD.

Máis información en: http://www.fe.ccoo.es/ensenanza/Inicio:509575--CCOO_denuncia_la_perdida_de_5.976_empleos_en_las_universidades_publicas_por_los_recortes_en_solo_un_ano

-- Sección Sindical CC.OO da USC Locais Sindicais. Campus Sur Extensión: 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CCOO