Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2013)Voltar á páxina principal de PDI-CSIFSubscribirse ou  abandoar  PDI-CSIF (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 14 Jun 2013 11:23:42 +0200
Reply-To:     Seccion Sindical da CSI-F <csi.f@USC.ES>
From:         Seccion Sindical da CSI-F <csi.f@USC.ES>
Subject:      Unha mesa de negociacion irregular?
Comments: To: PAS-CSI-CSIF@LISTAS.USC.ES
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

CSIF negouse a participar na mesa de negociación convocada irregularmente, que se celebrou o pasado 12 de xuño. Solicitou unha moratoria da mesma para poder analizar os documentos que se pretendían aprobar. Non obstante celebrouse dita mesa de negociación en ausencia de CSIF.

En relación co aprobado, CSIF quere manifestar:

1. Existe o risco de que a USC perda un número importante de profesores e investigadores por estar bloqueada a súa estabilización por aplicación da “taxa de resposición” do 10%. CSIF considera prioritario o desbloqueo destas prazas: as 25 bloqueadas en 2012, os investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal avaliados favorablemente pola ANEP.

2. É difícil entender por que as 4 prazas novas autorizadas se reservan expresamente para promocións de funcionarios/as (cátedras) no canto de reservalas para as devanditas estabilizacións.

3. Aínda é máis difícil entender que esta decisión se tome precipitadamente e sen agardar ao debido debate conxunto sobre todas as necesidades de prazas neste ano 2013, respectando o procedemento da obrigada negociación sindical sen exclusións.

4. A universidade é un ben público e ten que facer un uso moi coidadoso dos recursos que se lle asignan. Ao noso entender, a creación de dúas cátedras ten a apariencia de infrinxir este principio nesta conxuntura de DESPIDOS E RECORTES, deixando en entredito a ética que debe imperar en todo momento nesta universidade.

Sección Sindical CSIF Universidades Locais sindicais USC Casa dos Catedráticos, S/N Campus Vida 15782. Santiago de Compostela Tlfo: 981563100. Ext: 14454


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CSIF