Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2013)Voltar á páxina principal de PAS-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PAS-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 6 Jun 2013 13:18:25 +0200
Reply-To:     "CC.OO. USC" <ccoo_usc@USC.ES>
From:         "CC.OO. USC" <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      RESUMO DAS  REUNIÓNS DA MESA CONXUNTA DA USC
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Os días 16, 22 e 29 de maio e 5 de xuño reuniuse a Mesa de Negociación conxunta da USC para tratar sobre a aplicación do axuste retributivo disposto na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma Galega para o ano 2013. A modo de resumen e explicación da súa posición, a Sección Sindical de CC.OO. da USC transmite a seguinte información.

O equipo de goberno da USC ten decidido aplicar uns criterios interpretativos da Xunta de Galicia para levar a cabo este axuste. A aplicación destes criterios supoñen unha diminución dos nosos salarios entre o 7% e o 4,21%, segundo as retribucións que se perciban.

Para completar a redución requirida pola devandita Lei de Orzamentos o equipo de goberno da USC contabilizará, de forma puntual para a ocasión, o presuposto das prazas vacantes actualmente sen efectivos. En todo caso respéctase o compromiso de non eliminar postos de traballo, condición esta irrenunciable e de ningún modo negociable para CC.OO.

CC.OO. rexeita activamente todo o proceso de recortes que tanto o goberno central como o goberno da Xunta de Galicia están levando a cabo sistematicamente no sector público en xeral e máis concretamente no sector educativo e na Universidade. Na mesma liña, a Sección Sindical de CC.OO. da USC rexeita calquera iniciativa ou medida que supoña un recorte nos dereitos dos traballadores e traballadoras da USC, como é neste caso a minoración das nosas retribucións.

De acordo co anterior CC.OO. non dá o seu acordo a esta decisión do equipo de goberno da USC, ao que lle corresponde a responsabilidade das medidas adoptadas. Mesmo é responsabilidade do goberno da USC, e da Xunta de Galicia na medida que aproba a Lei de Orzamentos e elabora os criterios para a minoración salarial, os posibles defectos e incumprimentos normativos a que poida dar lugar esta actuación; así como o cumprimento dos criterios de homoxeneidade entre universidades, universalidade, equidade e progresividade que din respectar os criterios aplicados.

Independentemente da pouca utilidade que teña tido neste proceso, consideramos que a Mesa de Negociación, constituída de acordo co disposto no Estatuto Básico do Empregado Público, puidera ser válida para abordar a negociación de situacións adversas e para desenvolver iniciativas que nos permitan detectar e corrixir debilidades da USC. Neste senso, unha vez finalizada a última reunión celebrada o día 5 de xuño, CC.OO. requiriu do equipo de goberno da USC que se volva a convocar a Mesa de Negociación para, entre outras cuestión de carácter xeral, negociar a recuperación do poder adquisitivo perdido nestes últimos anos e abordar a mellora das condicións dos colectivos máis desfavorecidos, como pode ser o persoal do Capítulo VI.

Un saúdo

Sección Sindical de CC.OO da USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CCOO