Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2013)Voltar á páxina principal de PAS-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PAS-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 6 Jun 2013 13:18:25 +0200
Reply-To:     "CC.OO. USC" <ccoo_usc@USC.ES>
From:         "CC.OO. USC" <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      RESUMO DAS  REUNIÓNS DA MESA CONXUNTA DA USC
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Os días 16, 22 e 29 de maio e 5 de xuño reuniuse a Mesa de Negociación conxunta da USC para tratar sobre a aplicación do axuste retributivo disposto na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma Galega para o ano 2013. A modo de resumen e explicación da súa posición, a Sección Sindical de CC.OO. da USC transmite a seguinte información.

O equipo de goberno da USC ten decidido aplicar uns criterios interpretativos da Xunta de Galicia para levar a cabo este axuste. A aplicación destes criterios supoñen unha diminución dos nosos salarios entre o 7% e o 4,21%, segundo as retribucións que se perciban.

Para completar a redución requirida pola devandita Lei de Orzamentos o equipo de goberno da USC contabilizará, de forma puntual para a ocasión, o presuposto das prazas vacantes actualmente sen efectivos. En todo caso respéctase o compromiso de non eliminar postos de traballo, condición esta irrenunciable e de ningún modo negociable para CC.OO.

CC.OO. rexeita activamente todo o proceso de recortes que tanto o goberno central como o goberno da Xunta de Galicia están levando a cabo sistematicamente no sector público en xeral e máis concretamente no sector educativo e na Universidade. Na mesma liña, a Sección Sindical de CC.OO. da USC rexeita calquera iniciativa ou medida que supoña un recorte nos dereitos dos traballadores e traballadoras da USC, como é neste caso a minoración das nosas retribucións.

De acordo co anterior CC.OO. non dá o seu acordo a esta decisión do equipo de goberno da USC, ao que lle corresponde a responsabilidade das medidas adoptadas. Mesmo é responsabilidade do goberno da USC, e da Xunta de Galicia na medida que aproba a Lei de Orzamentos e elabora os criterios para a minoración salarial, os posibles defectos e incumprimentos normativos a que poida dar lugar esta actuación; así como o cumprimento dos criterios de homoxeneidade entre universidades, universalidade, equidade e progresividade que din respectar os criterios aplicados.

Independentemente da pouca utilidade que teña tido neste proceso, consideramos que a Mesa de Negociación, constituída de acordo co disposto no Estatuto Básico do Empregado Público, puidera ser válida para abordar a negociación de situacións adversas e para desenvolver iniciativas que nos permitan detectar e corrixir debilidades da USC. Neste senso, unha vez finalizada a última reunión celebrada o día 5 de xuño, CC.OO. requiriu do equipo de goberno da USC que se volva a convocar a Mesa de Negociación para, entre outras cuestión de carácter xeral, negociar a recuperación do poder adquisitivo perdido nestes últimos anos e abordar a mellora das condicións dos colectivos máis desfavorecidos, como pode ser o persoal do Capítulo VI.

Un saúdo

Sección Sindical de CC.OO da USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CCOO