Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2013)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 30 May 2013 12:03:38 +0200
Reply-To:     UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      O equipo reitoral da USC aplicará o recorte
              do 5% da masa salarial a partir da nomina de
              xuño
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Entre os meses de xuño e decembro, o persoal da USC verá recortada as súas pagas extras e as súas nóminas. O recorte oscilará, como referencia xeral, entre 1.000 e 3.000 euros anuais, podendo chegar a 4.500 euros no caso do persoal docente e investigador que acredite a maior excelencia investigadora.

O dato, adiantado hai uns días, se confirma tras a reunión da comisión negociadora celebrada este mércores. Un plan de xubilación do persoal docente e investigador e do de administración e servizos e a amortización das prazas non ocupadas que actualmente figuran na RPT, son algunhas das propostas concretas presentadas por UGT e rexeitadas polo equipo reitoral, quen unicamente deixa aberta a porta para negociar o calendario para a aplicación de recortes.

Aplicado a través da supresión do complemento específico adicional das pagas extra e dunha minoración das nóminas de xullo a decembro, o recorte total de cada traballador/a resultará de aplicar ao salario bruto anual o coeficiente correspondente conforme a táboa dispoñible na web de UGT:

http://www.usc.es/sindicatos/ugt

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT