Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2013)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 23 May 2013 13:48:55 +0200
Reply-To:     UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      As nóminas entre xuño
              e decembro sufrirán un recorte entre 1.000 e
              3.000 euros
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

AS NÓMINAS ENTRE XUÑO E DECEMBRO SUFRIRÁN UN RECORTE ENTRE 1.000 E 3.000 EUROS

Así se desprende da proposta da xerencia na segunda xuntanza da Comisión Negociadora para a aplicación do recorte salarial na USC

A proposta que manexa a xerencia da USC para aplicar as directrices da Xunta de Galicia en materia salarial nas universidades galegas implica que para un/ha traballador/a que perciba 20.000 euros anuais, o recorte significará unha minoración de mil euros a repartir nas próximas seis nóminas, ou incluso en menos, segundo o ritmo das negociacións. Para os colectivos no tramo entre 40.000 e 45.000 euros, o recorte suporá unha diminución de aproximadamente 3.000 euros a prorratear no mesmo período.

A Comisión Negociadora celebrou a súa segunda xuntanza este mércores 22 para determinar a execución do recorte do 5% da masa salarial da USC. Como explicou a xerenta, o recorte guiarase polos 'criterios interpretativos' da Xunta de Galicia (que xa difundimos nun correo anterior) e afectará a todo o persoal, non só o do capítulo I, e quedando excluídos do cálculo os trienios.

Deste xeito, a proposta da USC para o PDI Funcionario afectaría ao complemento adicional recibido en pagas extras, a variación do IPC galego e aos complementos autonómicos (de recoñecemento do labor docente, investigador, polos cargos de xestión e á excelencia curricular docente e investigadora). Implicaría unha rebaixa salarial de aproximadamente 4,91%.

No caso do PAS Funcionario, a xerenta cifrou a minoración salarial no 4,63%, afectando ás pagas adicionais do complemento específico, o IPC galego, aos complementos de produtividade e a outras retribucións se fose preciso. No caso do PAS Laboral, a minoración media ascenderá ao 4,54%, mentres que a PDI laboral se cifrará en 3,98.

En conxunto, a xerenta cifrou que o recorte executado deste xeito alcanzaría o 4,73% da masa salarial, restando 1.037.000 millóns máis ata alcanzar o 5,4% ao que obriga a Xunta de Galicia. Tamén indicou a existencia dunha 'bolsa' por valor de 600.000 euros derivados das vacantes dotadas sen ocupar entre PAS e PDI (importe do que xa estarían descontados os custes do crecemento vexetativo do cadro de persoal, as derivas de sentenzas de reclamación e o 1,03 millóns antes referidos).

En opinión de UGT, esta 'bolsa' é un placebo que non minora a redución do soldo que terán que soportar as traballadoras e traballadores da USC, agravada esta circunstancia polo feito de que en apenas medio ano o cadro de persoal deberá soportar o recorte correspondente a todo un ano. Ademais, representa a incapacidade da USC para xestionar esta situación ante a administración autonómica defendendo os intereses de toda unha comunidade universitaria.

Consideramos tamén un despropósito que se penalice o soldo de todos os colectivos alleos ao capítulo I, incluídos os dos capítulos IV e VI, xa que aínda que non incluídos na masa salarial sufrirán igualmente o recorte a proposta dunha serie de 'criterios interpretativos' convertidos pola USC en lei. Significa unha sinrazón ou mesmo un secuestro que, lonxe de satisfacer as demandas da Xunta de Galicia reverterá na libre disposición dos recursos retidos ás traballadoras e traballadores en beneficio dos propios proxectos.

Neste xuntanza, UGT demandou como información necesaria para o desenvolvemento dos debates os datos relativos ao cadro de idades do persoal da USC, que permita coñecer en detalle a evolución das baixas inmediatas e futuras das traballadoras e traballadores pola súa incidencia real na evolución da masa salarial, así como o custe que supón para a institución universitaria o conxunto dos cargos académico orzamentados actualmente.

Máis información en http://www.usc.es/sindicatos/ugt ou http://www5.usc.es/sindicatos/ugt/docs/CRITERIOS_XUNTA_APLICACION_RECORTES.pdf

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT