Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2012)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 31 Jul 2012 13:36:19 +0200
Reply-To:     UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Comunicado dos delegados do PAS da CIG, CCOO, UGT e TGU
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Ante as noticias difundidas pola prensa nos días de onte e hoxe sobre a modificación de horarios de apertura dos centros, os representantes do PAS Laboral e Funcionario de CIG, CCOO , UGT e TGU, temos que informarvos que a día de hoxe non temos ningunha comunicación oficial por parte da xerencia da universidade sobre este tema, que nin tan sequera expuxo a posibilidade de adiantar o horario de peche dos centros aos órganos de representación dos traballadores.

Esta modificación no horario de apertura dos centros ten necesariamente implicacións nas nosas condicións laborais (xornada, quendas, conciliación, etc.), polo que a filtración deste tipo de noticias a prensa antes de negociar estes e outros aspectos cos representantes dos traballadores é unha falta de respecto absoluta por parte de xerencia.

Sobre a aplicación do Real Decreto 20/2012 xa vos chegou o día 26 de xullo unha comunicación dos órganos de representación, iso si, con varios días de retraso debido a moderación das listas de correo por parte de xerencia. Seguimos sen ter noticias ao respecto de cómo se van a aplicar as medidas recollidas no decreto, en especial aquelas que afectan a eliminación dunha parte do noso salario. Non temos ningunha negociación enriba da mesa sobre este aspecto con xerencia.

Instamos a xerencia a que, dunha vez por todas, comunique e aclare en que condicións se vai a aplicar a redución de salario nas nóminas dos seus traballadores. Tamén agardamos que esta sexa a última vez que nos enteremos pola prensa da posible aplicación de medidas que afecten as condicións laborais do persoal da USC.

Este comunicado, que é conxunto da CIG, CCOO, UGT e TGU, enviámosvolo dende esta lista por cuestións meramente operativas.

Unha aperta e boas vacacións

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT