Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2012)Voltar á páxina principal de USC-INVESTIGACIONSubscribirse ou  abandoar  USC-INVESTIGACION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 14 Feb 2012 16:21:01 +0100
Reply-To:     Vicerreitoría de Investigación e Innovación
              <imaisd@USC.ES>
From:         Vicerreitoría de Investigación e Innovación
              <imaisd@USC.ES>
Subject:      APERTURA CONVOCATORIA EXPRESIÓNS DE INTERESE GRUPOS IDIS
               2012
Content-Type: multipart/mixed;

[multipart/alternative]


APERTURA CONVOCATORIA DE EXPRESIÓNS DE INTERESE PARA A INCORPORACION DE GRUPOS DE INVESTIGACION DA USC AO

INSTITUDO DE INVESTIGACIÓN SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (IDIS)

Estimado/a Investigador/a

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) constituido en xaneiro de 2008, é un dos 16 institutos de investigación sanitaria acreditados en todo o estado polo Instituto de Salud Carlos III e o único en Galicia con este recoñecemento. O IDIS configurase como un sistema de innovación e transferencia de coñecemento de marcado carácter traslacional, aproveitando e ampliando a colaboración histórica e o amplo potencial de sinerxias entre o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, entidades ás que están vinculados os máis de 500 investigadores que actualmente forman parte do mesmo.

A misión do IDIS é facilitar a innovación efectiva nos servizos de saúde a través da xestión do coñecemento en biomedicina xerado polos 52 grupos de investigación que o conforman e que centran a súa actividade en 6 grandes áreas: Endocrinoloxía, Epidemioloxía, Inflamación, Neuroloxía, Oncoloxía e Xenética e Bioloxía de Sistemas.

Neste contexto, un dos seus obxectivos prioritarios é o desenvolvemento dunha política de investigación que o sitúe nunha posición de excelencia. Dado que unha das estratexias a seguir para alcanzar dito obxectivo consiste na incorporación de forma paulatina de novos grupos ao Instituto, informámosvos de que está aberta a CONVOCATORIA DE EXPRESIÓNS DE INTERESE 2012 para a incorporación de grupos consolidados, emerxentes ou clínicos asociados ao Instituto. O prazo de entrega de solicitudes remata o próximo 29 de febreiro. Tal e como se indica nas bases da convocatoria (que se achegan xunto cos formularios a cubrir polos interesados) a convocatoria está aberta a todos os grupos de investigación en biomedicina da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e da USC, incluidos os grupos tanto da universidade como do hospital vinculados ao campus de Lugo, polo que vos agradecemos a máxima difusión desta posibilidade no voso entorno.

Reciban un cordial saúdo,

José Castillo Sánchez

Director Científico IDIS

Sonia Martínez Arca

Directora Fundación IDICHUS

--------------------------------------------------------------------------------

Nota: A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea. A distribución ou copia desta mensaxe non está autorizada.

Nota: La información contenida en este mensaje y sus posibles documentos adjuntos es privada y confidencial y está dirigida únicamente a su destinatario/a. Si usted no es el/la destinatario/a original de este mensaje, por favor elimínelo. La distribución o copia de este mensaje no está autorizada.

See more languages: http://www.sergas.es/aviso_confidencialidad.htm


[text/html]

ConvocatoriaExpresionInterese IDIS 2012.pdf [application/pdf]

=?iso-8859-1?Q?FORMULARIO_EXPRESI=D3N_DE_INTERESE_2012.doc?= [application/msword]

=?iso-8859-1?Q?DATOS_ACTIVIDADE_CIENT=CDFICA_GRUPO.xls?= [application/vnd.ms-excel]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-INVESTIGACION