Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xaneiro 2012)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 13 Jan 2012 22:16:30 +0100
Reply-To:     Reitor da Universidade de Santiago de Compostela <reitor@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Reitor da Universidade de Santiago de Compostela <reitor@USC.ES>
Subject:      Información para a Comunidade Universitaria
Content-Type: multipart/alternative;

Estimados membros da Comunidade Universitaria: Ante as informacións que se están difundindo sobre a querela presentada por D. Paulo Paio Rubido Bará, en calidade de Secretario Nacional da Confederación Intersindical Galega-CIG Servizos, e D. Raimundo Méndez García, en calidade de Secretario Sectorial de Comunicación de Comunicación Social, Cultural e Deportes FES-UGT Galicia, con respecto a actuacións na Fundación USC-Deportiva, quero que a comunidade universitaria saiba: 1.- Que o despido de carácter disciplinario da traballadora da Fundación á que se fai alusión, levouse a cabo en febreiro de 2010, previo a que fose elixido Reitor. Inicialmente foi declarado improcedente, pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou a súa procedencia. 2.- Que a outra traballadora, contra a que tamén se dirixe a demanda, foi contratada temporalmente por obra ou servizo no ano 2009. O seu cambio de contrato, de eventual a fixo, que tamén incluía un cambio de funcións da traballadora na Fundación USC-Deportiva, produciuse antes de que tivera lugar o meu nomeamento como Presidente do Padroado da Fundación, o cal aconteceu na reunión do 30 de xullo de 2010. Só desde o manifesto erro pode explicarse que se dirixira a acción penal contra quen non ostentaba responsabilidade orgánica ou funcional ningunha, sobre os feitos relatados na querela. Pido por iso, a maior das cautelas en cómo se traslada a información, pois pode poñer en entredito o bo nome das persoas e desprestixia á Institución de forma gratuíta, reservándome as posibles accións civís e penais para restituír o dano causado. Un afectuoso saúdo

Juan José Casares Long Reitor


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION