Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2011)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 29 Sep 2011 14:55:43 +0200
Reply-To:     Gabinete Comunicacion <gabinete.comunicacion@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Gabinete Comunicacion <gabinete.comunicacion@USC.ES>
Subject:      A USC participará no Trofeo Interuniversitario en barcos
               K4 que organiza a Fundación Centro de Estudos Eurorrexi
              onais Galicia-Norte de Portugal
Content-Type: multipart/alternative;

As augas do río Miño ao seu paso por Valença-Tui serán o escenario, o día 1 de outubro, da segunda edición do Trofeo Interuniversitario Eurorrexional en <http://fceer.org/regata/> Barcos K4 que organizan a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui. Participarán equipos das seis universidades que conforman a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (A Coruña, Santiago, Vigo, Minho, Porto e Trás-os-Montes e Alto Douro), nunha actividade que se deseñou a modo de iniciativa que funcione como unha nova ponte nas relacións entre as comunidades universitarias de ambos lados do río Miño.

Aberto ao público, este acontecemento discorrerá paralelo a diversas celebracións e actividades lúdico-culturais, nas que a USC estará representada, e coas que pretenden afianzar os lazos e fomentar a cooperación entre universidades.


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION