Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2011)Voltar á páxina principal de PDI-CIGSubscribirse ou  abandoar  PDI-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 26 Jul 2011 09:06:39 +0200
Reply-To:     CIG-PDI <cig_usc@USC.ES>
From:         CIG-PDI <cig_usc@USC.ES>
Subject:      Plano de Pensións USC
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Prezados/as compañeiros e compañeiras:

A CIG ten constancia da falta de información que a maior parte do PDI ten sobre as aportacións que a USC realiza anualmente ao Fondo de Pensións de Caixanova. No ano 1996 tomouse a decisión de ampliar as aportacións realizadas pola universidade (1% do Plano de Acción Social) ao PDI. Desde a CIG consideramos que os cartos de Acción Social deberían ter outros usos que favorezan servizos aos traballadores desta Universidade (escola infantil, axudas custos conciliación ou educativos etc.). A pesar de non concordarmos con que se destinen fondos do Plano de Acción Social a o plano de pensións, tamén pensamos que todos os traballadores e traballadoras deben de ser coñecedores da súa existencia e polo tanto ter a posibilidade de decidir incorporarse ao mesmo.

Neste senso parécenos importante informarvos de que calquera profesor ou profesora con 2 anos de antigüidade na USC con contrato fixo (tanto funcionarios como laborais) ten dereito a participar das aportacións que anualmente realiza a este plano de pensións a USC.

Co obxectivo de que esta situación de desinformación sexa corrixida o pasado día 21 de Xullo na reunión da Comisión de Control do Plano de Pensións transmitíuselle a Xerencia a necesidade de informar no momento de asinar novos contratos sobre da posibilidade de incorporarse ao Plano de Pensións.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CIG, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CIG --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CIG