Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xaneiro 2011)Voltar á páxina principal de PDI-CIGSubscribirse ou  abandoar  PDI-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 17 Jan 2011 12:45:52 +0100
Reply-To:     CIG-PDI <cig_usc@USC.ES>
From:         CIG-PDI <cig_usc@USC.ES>
Subject:      convocatoria IPP
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

A CIG informa que no DOG de hoxe sae a convocatoria do programa denominado Isidro Parga Pondal.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2011.nsf/FichaContenido/25E2?OpenDocument

Aproveitamos a ocasión para lembrar que a CIG manifestou o pasado mes de decembro que esta convocatoria é un engano á sociedade e abandona o obxectivo de potenciar a captación de persoal investigador formado para a súa estabilización nos organismos públicos de investigación. A convocatoria resulta unha burla e un engano dun goberno que proclama a investigación como unha prioridade. O escaso número de prazas ofertadas (15), o recorte no financiamento esixindo a cofinanciación por parte das Universidades e a previsible desaparición do programa de estabilización Manuel Colmeiro son mostras claras de que non existe unha política de potenciación da investigación propia dunha sociedade avanzada. A convocatoria precariza o emprego do persoal investigador, ao non incorporar un compromiso de estabilización para investigadores xa formados, nunha etapa da vida laboral que debería ser de consolidación desvirtuando a filosofía destes programas de incorporación de doutores. A necesidade de que exista un cofinanciamento por parte dos grupos de investigación nos que se incorporan os investigadores, unida ás limitacións en canto ás fontes de financiamento permitidas para esta fin, fai que só certos grupos poidan captar investigadores por esta vía ,acentuando os desequilibrios existentes entre áreas de coñecemento, e limita a autonomía e capacidade de iniciativa deste persoal. A falta de claridade sobre a continuidade do programa Manuel Colmeiro coloca ás Universidade nunha situación moi complicada de cara á estabilización dos investigadores Parga e Pondal das anteriores convocatorias. A previsible redución do número de anos subvencionados de 5 a 3 reduce o atractivo do programa para captar os mellores científicos que poidan querer vir ás universidades galegas. A convocatoria, de feito, somete a prórroga á dispoñibilidade orzamentaria e vencella os pagos a unha partida orzamentaria xeral que non depende da Consellería de Educación á que se van adscribir os programas de persoal investigador.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CIG, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CIG --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CIG