Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xaneiro 2011)Voltar á páxina principal de PDI-CIGSubscribirse ou  abandoar  PDI-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 24 Jan 2011 11:12:06 +0100
Reply-To:     CIG-PDI <cig_usc@USC.ES>
From:         CIG-PDI <cig_usc@USC.ES>
Subject:      FOLGA 27 de xaneiro
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Todos e todas na UNIVERSIDADE tamén á folga o día 27 de xaneiro

http://www.usc.es/sindicatos/cig/CIG_ensino/CIG-INFORMA-FOLGA-27-XANEIRO-%20 UNIVERSIDADE.pdf

TES MOTIVOS: NON AOS RECORTES QUE PRECARIZAN O EMPREGO NAS UNIVERSIDADES E DETERIORAN O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS!:

Porque os empregados e empregadas públicos/as xa sufrimos unha rebaixa nos nosos salarios para contribuír a solucionar os problemas dos que xeraron a crise Porque o sistema público de pensións non está en perigo. Porque as reformas para garantir a continuidade do sistema público de pensións non poden implicar unha pauperización das condicións de vida e da renda dos/as pensionistas que,deste xeito, se vén abocados a unha pobreza estrutural. Porque esta reforma é un ataque aos traballadores e traballadoras máis novos/as, aos que se condena a unha situación vital peor da que teñen gozado os seus pais e mesmo os seus avós. Porque coa conxelación das pensións públicas, no 2010, o Estado aforrou 1530 millóns de euros, mentres deixou de recadar 1440 millóns de euros por manter a desgravación fiscal que se aplica a quen pode contratar pensións privadas con bancos e aseguradoras. Porque os que si están en crise son os plans privados de pensións, aos que este recorte público tenta rescatar, obrigando a traballadores/as a destinar parte da súa renda actual a asegurar uns niveis aceptábeis de vida tras a súa xubilación. Porque o Estado español triplica a media de contratación temporal precaria de Europa e as Universidades participan dese modelo de precarización. Estes traballadores e traballadoras temporais nunca chegarán aos 35 anos para cobrar o 100% da pensión e teranse que xubilar máis tarde e cobrar menos. Porque o drástico recorte no financiamento universitario que impón o novo Plan de Financiamento da Xunta de Galicia vai levar a políticas de axuste do cadro de persoal das Universidades. Porque a paralización dos programas de recursos humanos da Xunta sitúa os nosos investigadores e a Universidade no seu conxunto nunha situación aínda máis precaria. Porque a precariedade está instalada nas políticas de recrutamento das Universidades con contratos lixo e inestábeis, impedindo a consolidación dun sistema universitario que cumpra o papel que debe ter nunha sociedade do coñecemento. Porque o Documento de financiamento, aprobado polo Consello de Universidades e a Conferencia Xeral de Política Universitaria (26.4.2010), anuncia a necesidade de recortes no cadro de profesorado xa que ?Es necesario aprovechar la actual situación económica de manera que en el periodo 2010?2013 se acometan las reformas que son imprescindibles para que las universidades ocupen el puesto que les corresponde en la nueva sociedad y economía del conocimiento: (...) una distribución del profesorado por ramas de conocimiento poco equilibrada que provoca en algunos casos exceso de profesorado para el desempeño de funciones docentes". Porque o proxecto de Estatuto do PDI abre as portas á compatibilización do exercicio en universidades públicas e privadas, á precarización do emprego con dobre docencia en máis dunha universidade e á segmentación do profesorado con carreiras só docentes, xestoras ou investigadoras

PORQUE A REFORMA LABORAL E DAS PENSIÓNS TAMÉN LLE AFECTA AO PDI

Por todo isto, a CIG fai un chamamento ao profesorado universitario para secundar a folga do día 27 de xaneiro e as mobilizacións convocadas nesta xornada. http://folgaxeral.galizacig.com/

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CIG, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CIG --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CIG