Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Decembro 2010)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 22 Dec 2010 10:19:35 +0100
Reply-To:     UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Vémonos en 2011. Boas festas!
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

2010 remata. Pasará á historia polo recorte de salarios aos traballadores das administracións públicas e pola reforma laboral que mingua dereitos laborais cimentados ao longo do tempo. Recordarémolo pola súa folga xeral ou polas eleccións a reitor. Rematará deixando aberto un preocupante debate arredor do persoal investigador que se vai estender en 2011, de xeito paralelo á futura aprobación da Lei da Ciencia.

Neste ano, FETE-UGT e a súa sección sindical na USC traballamos e seguiremos traballando por recuperar o camiño desandado e por atender con todos os recursos ao noso alcance as situacións que afectan ao cadro de persoal que posibilita que a Universidade compostelá se siga movendo con independencia das circunstancias. O estatuto do profesorado, os convenios colectivos, a homologación salarial do PAS co resto de universidades galegas, son algunhas das citas ás que non faltaremos. Esas foron e esas serán a nosa teima para 2011.

Oxalá o panorama fora outro.

Deixándonos arredar polo espírito do nadal, época de simulada paz e boas intencións xeneralizada, gustaríanos desexarvos unha boas festas e outro tanto para a entrada do ano.

UGT, primeira forza sindical de Galicia

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT