Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2010)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 27 Sep 2010 11:13:22 +0200
Reply-To:     ugt <ugt_usc@USC.ES>
From:         ugt <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Estás de acordo cun despedimento
              máis doado,
              máis barato e máis 
              rápido?
Comments: To: pdi-ugt@listas.usc
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Os despedimentos dos traballadores será máis doado, máis barato, máis rápido. As empresas poden descolgarse das subas salariais pactadas nos convenios colectivos. A modificación do horario de traballo será a discreción das empresas. Estes son algúns dos puntos que o goberno establece na súa reforma do mercado laboral. Estes son só algúns dos argumentos polos que os traballadores e traballadoras están convocados a unha folga xeral o 29 de setembro.

Secundar a folga xeral do 29 de setembro, xa non é unha cuestión de mostrarse afín ao programa dun sindicato ou doutro, é unha cuestión de conciencia, como traballadores e como individuos. É unha cuestión de carraxe ante os que queren facernos pagar uns pratos que non rompemos. Se esa é a idea que teñen de solidariedade, pensamos que se equivocan.

A folga xeral do 29 de setembro é unha cuestión de sermos quen de reivindicarnos como traballadores, como suxeitos activos que defendemos os nosos dereitos, polos que aínda temos e polos que imos perder.

Se o 29 de setembro vas traballar estás manifestando o teu acordo cun despedimento barato, rápido e doado, con que se modifiquen as condicións horarios e salariais do teu traballo sen maior poder de negociación. Estarás manifestando o teu acordo con que desapareza a estabilidade no emprego. Estás no teu dereito de manifestalo así, aínda que, se cadra, deberías reflexionar sobre os máis de catro millóns de españois que nas súas casa non teñen dereitos que reivindicar.

FETE-UGT na USC, con motivo da FOLGA XERAL do 29-S convídate a asistir á manifestación convocada ás 12:00 horas que saírá da ALAMEDA DE SANTIAGO

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT