Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2010)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 7 Jun 2010 10:56:24 +0200
Reply-To:     ugt <ugt_usc@USC.ES>
From:         ugt <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      8 de xuño, xornada de paro na
              administración 
              pública
Comments: To: pdi-ugt@listas.usc.es
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Recortarlle o salario aos traballadores públicos e esixirlle solidariedade. Se esa é a solución para saír da crise e estás de acordo, tal vez o día 8 de xuño deberías ir a traballar normalmente.

Os sindicatos estamos a analizar a documentación dispoñible dado que poderían existir vías para a presentación de recursos xurídicos. En calquera caso, na actualidade descoñecemos o alcance exacto do recorte proposto polo goberno nas nóminas da Universidade. Pódese dicir máis máis alto, pero non máis claro. A estas alturas o único que temos son porcentaxes estimadas. Nin a realidade nin as proxeccións vannos deixar satisfeitos como traballadores, porque o recorte é un ataque ás nosas economías e a todo o que a elas temos asociados.

O día 8 de xuño todos os traballadores públicos están chamados a un paro xeral. Están chamados á folga. Trátase de reivindicar respecto e de facer entender que o recorte das nóminas públicas é o camiño máis curto, pero non o mellor camiño.

Na USC, as catro seccións sindicais con representación decidiron apoiar de forma conxunta esta xornada, na que tamén se van celebrar concentracións a partir das 10:00 horas diante da Reitoría da USC (praza do Obradoiro) e fronte á subdelegación do Goberno en Lugo.

Hai outras medidas máis xustas para corrixir a situación: a recuperación do Patrimonio e Sucesións, redeseñar a imposición das SICAV, combater de forma efectiva a economía sumerxida e o fraude fiscal, aumentar o IVA dos bens de luxo, endurecer o tratamento fiscal do capital e das grandes fortunas ou crear unha taxa específica ao sector financeiro. Existen alternativas, pero é necesario facerse oír.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT