Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2010)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 23 Jun 2010 12:11:49 +0200
Reply-To:     ugt <ugt_usc@USC.ES>
From:         ugt <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      A Comisión Paritaria do Convenio Colectivo
              reunirase este mércores para tratar os
              recortes salariais do PAS Laboral   Xerencia e centrais acordan
              convocala a petición de UGT
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

A Comisión Paritaria do Convenio Colectivo do PAS reúnese hoxe mércores 23 para tratar a aplicación do recorte salarial proposto polo Goberno de España para os traballadores públicos, tal e como solicitou FETE-UGT a pasada semana na xuntanza do Comité Intercentros. Nesta reunión e tal e como se informara no seu día, os delegados de FETE-UGT abandonaran a reunión ao entender que o Intercentros non era o lugar axeitado para tratar a interpretación do Convenio Colectivo á luz da nova lexislación.

A día de hoxe, esta sección sindical demanda novamente, que a negociación dos recortes salariais estipulados polo decreto aprobado polo goberno (5%), se realicen sobre a masa salarial da USC, dato non facilitado a pasada semana e sen o que resultará difícil facer ou verificar o cálculo do recorte.

FETE-UGT SEMPRE APOIARÁ OS ACORDOS POSITIVOS PARA O CADRO DE PERSOAL, aínda que entende que con información escasa e case sen negociación é practicamente imposible acadar un acordo respectuoso coa nova lexislación e cos intereses do cadro de persoal da USC, nos prazos de tempo estipulados (próxima nómina).

Esta sección sindical tamén quixera manifestar a súa satisfacción porque se teña accedido a tratar as xubilacións parcial e anticipada, tema que FETE-UGT leva reiteradamente solicitando á Xerencia ser debatido e negociado na súa aplicación.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT