Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2010)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 17 Jun 2010 13:25:22 +0200
Reply-To:     ugt <ugt_usc@USC.ES>
From:         ugt <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      UGT reclama a constitución da
              Comisión Paritaria do Convenio Colectivo
              para negociar os recortes salariais
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

O Decreto que regula o recorte dos salarios públicos establece para o persoal laboral que o recorte deberá abordarse no contexto dunha negociación colectiva e en base á masa salarial de cada institución.

O primeiro paso dado na USC para acometer esta negociación foi a través dunha xuntanza co Comité Intercentros, onde a xerencia presentou unha proposta que, segundo UGT, pode supor riscos importantes para as nóminas dos vindeiros meses de novembro e decembro, afectar a contratos temporais e a sentencias firmes actualmente incumpridas. Ademais, en ningún momento desta xuntanza se deu a coñecer a Masa Salarial real da USC, dato central para o cálculo dos recortes.

FETE-UGT SEMPRE APOIARÁ OS ACORDOS POSITIVOS PARA O CADRO DE PERSOAL, polo que rexeitará asinar acordos arriscados de máis. A negociación dos recortes resulta imposible sen coñecer o volume preciso da Masa Salarial da USC, tal e como recolle o Real Decreto, única referencia válida para facer o cálculo exacto do recorte.

Ademais, esta negociación debe levarse a cabo a través da Comisión Paritaria, órgano de representación que as restantes centrais sindicais se negaron a convocar, o que provocou que os representantes de UGT abandonaran de inmediato a reunión. Esta sección sindical lamenta a actitude das outras centrais, xa que a Comisión Paritaria do convenio é o órgano competente para interpretar cuestións relativa ao Convenio Colectivo e á súa modificación, tal e como vai suceder coa aplicación do citado recorte.

Ademais de abandonar a xuntanza do Comité Intercentros, os representantes de UGT presentaron en rexistro un escrito esixindo a inmediata convocatoria da Comisión Paritaria, na que os representantes dos traballadores reciban TODA A INFORMACIÓN Á QUE TEÑEN DEREITO. FETE UGT considera ademais que a situación esixe a convocatoria dunha Asemblea.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT